A compañía MasOrange, froito da integración de Orange e MásMóvil, anunciou o lanzamento dunha nova tarifa premium para quen quere contratar “todo” e concentralo nunha única factura. Con este movemento, a operadora francesa busca conquistar os fogares de maior poder adquisitivo, ofrecendo un servizo sen fisuras e cun enfoque completo.
Dúas fibras, Wi-Fi 7 e ata 10 liñas 5G+
O paquete inclúe dúas conexións de fibra óptica de 1 Gbps e 600 Mbps, pensadas para instalar tanto na vivenda principal como nunha segunda residencia, respectivamente. Ademais, chega con router Wi-Fi 7 de última xeración e repetidores incluídos, garantindo unha cobertura óptima en toda a casa.
No apartado móbil, a tarifa ofrece até 10 liñas 5G+ con chamadas e datos ilimitados, ideais para familias numerosas ou para quen precise varias liñas persoais e profesionais. Tres delas poden contar con Ciberprotección TúyYo, un servizo que reforza a seguridade en liña, especialmente para menores.
O roaming tamén está incluído na UE, Reino Unido, Estados Unidos e 49 destinos habituais para os viaxeiros españois.
Televisión: fútbol, motor e streaming sen límites
O apartado televisivo é un dos grandes atractivos da nova tarifa. Inclúe todas as competicións de fútbol máis relevantes, como LALIGA, Champions League, Europa League, Premier League, Bundesliga ou Serie A. Tamén suma deportes de motor como Fórmula 1 e MotoGP.
A isto engádese acceso a plataformas de entretemento como Netflix, Prime Video, Disney+ e HBO Max, xunto con máis de 90 canles lineais de televisión. Todo este contido chega a través da Orange Infinity HomeBox, un descodificador premium 4K con HDR10+, Dolby Vision e son Dolby Atmos by Bang & Olufsen, garantindo unha experiencia audiovisual inmersiva.
Dispositivos e experiencia premium
A clientela desta tarifa tamén pode acceder a unha ampla gama de dispositivos financiados, que inclúen smartphones, Smart TVs ou produtos do ecosistema Orange.
Tamén a outros servizos adicionais con desconto, que inclúen enerxía, alarmas e seguros, a partir dos plans que ofrece a compañía nestes sectores.
Máis información | Orange Todo
