LG vén de dar un paso máis no campo da tecnoloxía OLED coa presentación da nova gama de televisores LG OLED evo M5, uns dispositivo chamados a revolucionar o mercado. A marca coreana combina neles a súa tecnoloxía inalámbrica True Wireless que xa vimos a finais do 2024 coa calidade de imaxe que caracteriza os seus paneis OLED, abrindo a porta a un novo estándar no entretemento doméstico.
O primeiro televisor OLED realmente sen cables
O M5 destaca pola súa Zero Connect Box, un módulo que centraliza todas as conexións (consolas, barras de son, PC, etc.) e transmite audio e vídeo en 4K a 120Hz sen fíos ao televisor. Deste xeito, elimínanse os cabos visíbeis, simplifícase a instalación e acádase unha estética limpa e minimalista. Ademais, a conexión ofrece un retardo mínimo de entrada mesmo en 4K a 144Hz, garantindo un rendemento comparable ao dun HDMI convencional.
O panel OLED evo M5 ofrece negro puro e branco puro exclusivos de LG, co subpíxel branco como sinal de identidade. Grazas a isto, o televisor logra un contraste infinito, cores ultra realistas e brillo triplicado fronte a modelos OLED tradicionais, coa tecnoloxía Brightness Booster Ultimate.
Entre as súas certificacións destacan “Negro Perfecto” e “Color Perfecto” outorgadas por UL Solutions, validación de 100% fidelidade de cor por Intertek e recoñecemento “Perfecta” de TÜV Rheinland para unha visualización clara mesmo en contornos luminosos.
O LG OLED evo M5 é un dispositivo pensado para amantes do cinema na casa. É compatíbel con Dolby Vision, Dolby Atmos e modo Filmmaker, ademais de contar con AI Sound Pro 11.1.2 e o procesador α11 AI Processor Gen2, que optimiza imaxe e son mediante intelixencia artificial. O resultado é unha experiencia audiovisual digna dunha sala de cinema premium.
Smart TV renovada cada ano con webOS 25
O televisor incorpora webOS 25, o sistema operativo máis avanzado e premiado no CES 2025. Entre as súas funcións inclúense ata dez perfís personalizados con recoñecemento de voz, control do fogar intelixente con ThinQ, Alexa, Apple HomeKit e Matter, recomendacións baseadas en IA e o asistente ChatBot. Ademais, LG garante que o sistema se actualizará cada ano durante cinco anos, permitindo “estrear Smart TV” sen custo adicional.
O LG OLED evo M5 tamén está pensado para xogadores. É o único televisor OLED sen cables do mercado compatible con NVIDIA G-SYNC e AMD FreeSync Premium, asegurando partidas sen cortes nin imaxe borrosa, cun tempo de resposta inferior a 0,1 ms. A Zero Connect Box facilita ademais conectar consolas ou PCs sen necesidade de cables até a pantalla.
LG OLED evo M5: Prezos e dispoñibilidade
O novo LG OLED evo M5 está dispoñíbel a nivel mundial desde este setembro en catro tamaños, que parten das 65 polgadas e 3.999 €.
A partir de aí, podemos elixir outros formatos, como 77 polgadas (4.999 €), 83 polgadas( 7.499 €) ou 97 polgadas 26.999 €).
