O operador galego R e a cadea de supermercados Gadis únense para facer máis doado o inicio do curso 2025-26. A nova campaña conxunta ofrece ao estudantado unha conexión de internet de alta velocidade por 29€ ao mes e un cheque de 30€ para gastar en calquera supermercado Gadis.
A oferta de R inclúe fibra óptica FTTH de 1 Gbps, teléfono fixo e un router wifi-6 de última xeración, que multiplica por catro a cobertura e mellora a velocidade da conexión. Está pensada para estudantes que xa teñen servizo móbil e queren compartir Internet na súa vivenda sen complicacións nin custos elevados.
Ao contratar esta promoción antes do 30 de setembro, o estudantado recibirá un cheque de 30€ sen data de caducidade para gastar en Gadis. Só teñen que instalar os servizos de R e vincular a app de Gadis á súa conta activa. O cheque entregarase o último día do mes da instalación.
