DIGI, o operador de telecomunicacións do Grupo DIGI para o Estado español, vén de anunciar importantes novidades nas súas tarifas de fibra óptica e móbil. A compañía aumenta a velocidade da súa fibra SMART e reduce até nun 25% o prezo da tarifa IlimiTODO, consolidándose como unha das opcións máis competitivas do mercado español.
As melloras estarán dispoñíbeis tanto para a nova como para a actual clientela, de xeito automático e sen custo adicional, a partir do 16 de setembro de 2025.
Máis velocidade na fibra SMART de DIGI
Nesta ocasión, DIGI apostou por ofrecer máis por menos, mantendo prezos baixos e mellorando as prestacións que desfrutan as actuais usuarias da súa fibra SMART, é dicir, a que ofrece con cobertura directa.
A Fibra SMART de 300 Mbps pasa agora a ser Fibra SMART de 500 Mbps mantendo o seu prezo de 10 €/mes, mentres que a fibra de 600 Mbs actualízase a Fibra SMART 750 Mbps simétricos por 15 €/mes. Quedan sen cambios as opcións de 1 Gbps por 20 €/mes e de 10 Gbps por 25 €/mes.
Un salto significativo que reforza o posicionamento de DIGI como un dos operadores con mellor relación calidade-prezo a nivel estatal.
Tarifa IlimiTODO: gigas e chamadas ilimitadas, agora máis barata
A tarifa IlimiTODO, que ofrece datos ilimitados e chamadas nacionais e internacionais ilimitadas, tamén baixa de prezo:
- 1 liña: de 12 € → 10 €/mes.
- 2 liñas: de 10 € → 8 €/mes cada unha.
- 3 ou máis liñas: de 8 € → 6 €/mes cada unha.
E se se combina con fibra, o prezo é aínda máis atractivo:
- 1 liña con fibra: de 10 € → 8 €/mes.
- 2 liñas con fibra: de 8 € → 6 €/mes cada unha.
- 3 ou máis con fibra: de 6 € → 5 €/mes cada unha.
Ademais, a actual clientela coa tarifa 150 GB + chamadas ilimitadas (8 €) ou 100 GB + chamadas ilimitadas sen fibra (10 €) mantendo os mesmos prezos.
Combinacións destacadas de fibra + móbil
DIGI permite crear paquetes personalizados, pero entre as súas combinacións máis atractivas destaca a conexión de 500 Mb simétricos de fibra + 2 liñas IlimiTODO por 22 €/mes ou outra con 500 Mb simétricos de fibra + 50 GB móbil + chamadas ilimitadas + 100 min internacionais: por 15 €/mes.
Activación automática e dispoñibilidade
Para a nova clientela, as melloras xa están dispoñíbeis desde onte, mentres que para as usuarias actuais de contrato, aplicaranse de forma automática e gratuíta o 16 de setembro, coincidindo co inicio do seu ciclo de facturación.
As tarifas poden contratarse directamente na web oficial de DIGI, en puntos de venda e stands en centros comerciais, por teléfono: 1200 (gratis desde rede DIGI) ou 919 120 120, así como tamén a través de chat e WhatsApp.
Con este movemento, DIGI reafírmase como un dos operadores máis competitivos en España, ofrecendo prezos finais, combinacións flexíbeis e melloras automáticas. O salto de velocidade na fibra SMART e a baixada de prezo da tarifa IlimiTODO fan de DIGI unha das opcións máis atractivas para quen busca moitos datos e internet rápido ao mellor prezo.
