A poboación maior de 60 anos no Estado español non deixa de crecer e, segundo o INE, en 2030 case un terzo dos cidadáns superará esa idade. Cada vez máis conectadas e dixitais, as nosas maiores demandan dispositivos adaptados ás súas necesidades, pero sen renunciar á tecnoloxía máis punteira. Neste contexto, SPC vén de presentar o novo ZEUS 2 PRO, o smartphone que combina sinxeleza, comodidade e innovación.
SPC ZEUS 2 PRO: tecnoloxía punteira pensada para o público sénior
O novo ZEUS 2 PRO aposta por un deseño accesíbel con botóns físicos, Modo Fácil e botón SOS, mantendo a estética e funcionalidades dun smartphone moderno, como unha pantalla HD+ de 6,1” para unha visualización clara e cómoda ou unha cámara dual de 50 MP, complementada cunha cámara frontal de 5 MP, perfectas para fotos nítidas e as videochamadas.
Non descoida tampouco outras caracterísitcas que cada vez demandamos máis as usuarias, como a conectividade NFC para pagos sen contacto, a compatibilidade con eSIM e SIM física e carga de 18W e carga sen fíos, incluíndo ademais a base de carga.
A nivel técnico, o SPC ZEUS 2 PRO leva no seu interior un procesador MediaTek Helio G36, 4 GB de RAM ampliábeis a 12 GB virtualmente e 128 GB de memoria interna, extensíbeis até 1 TB mediante tarxetas microSD. Tamén ofrece seguridade reforzada, con lector de pegada dixital e desbloqueo facial.
SPC Care: control remoto para máis tranquilidade familiar
O gran diferencial do ZEUS 2 PRO é a súa integración coa app SPC Care, dispoñíbel de forma gratuíta en Google Play e App Store. Grazas a ela, familiares e coidadores poden configurar remotamente o smartphone, modificando o tamaño de letra, volume, botón SOS ou organización de iconas.

Mais tamén recibir avisos de seguridade (nivel baixo de batería, inactividade prolongada, cambios no dispositivo ou alerta SOS), localizar ás usuarias en tempo real mediante GPS ou crear recordatorios de saúde (medicación, citas médicas). E todo ilo, mediante xestión colaborativa, de maneira que varias coidadoras poden administrar o mesmo perfil.
Esta funcionalidade permite acompañar ás persoas maiores sen invadir a súa autonomía, converténdose nunha ferramenta clave para o benestar dixital e o envellecemento activo.

SPC ZEUS 2: opción compacta para o día a día
Xunto ao ZEUS 2 PRO, SPC lanza tamén o ZEUS 2, unha versión máis compacta cunha pantalla de 5”, cámara principal de 13 MP, 4+8 GB de RAM e 64 GB de almacenamento ampliable.
Mantén tanto o Modo Fácil como a integración con SPC Care, pero cun deseño lixeiro e práctico pensado para o uso diario.
Prezo e dispoñibilidade
O SPC ZEUS 2 PRO xa está dispoñíbel por 249,90 €, cunha oferta de lanzamento que inclúe funda e cargador de 20W de regalo, e que estará dispoñíbel até o 11 de setembro.
Pola súa banda, o SPC ZEUS 2 estará dispoñíbel a partir do 20 de setembro por 199,90 €.
