ZTE vén de anunciar o lanzamento global do nubia Air, o seu novo smartphone estrela dentro da categoría Air-style. Con só 6,7 mm de grosor e un peso de 172 g, este dispositivo promete revolucionar o segmento ao combinar un deseño ultrafino cunha gran batería de 5.000 mAh, unha pantalla AMOLED 1,5K de 6,78 polgadas e certificacións de resistencia IP68 e IP69. Todo isto, por un prezo de só 269 €, dispoñible noEstado español a partir de outubro en Amazon e El Corte Inglés.
Deseño ultradelgado e pantalla AMOLED
O nubia Air rompe co dilema habitual entre elegancia e durabilidade. Grazas ao seu marco metálico reforzado e ao cristal Corning Glass Glass 7i, o dispositivo soporta mellor caídas, golpes e rabuñadas. As certificacións IP68 e IP69 garanten que pode resistir inmersións en auga de ata 1,5 m durante 30 minutos e chorros de auga a alta presión de ata 80 °C, converténdose no smartphone máis resistente e fino da súa categoría.

A experiencia visual está asegurada coa pantalla AMOLED de 6,78”, resolución de 1224 x 2720 píxeles (440 ppi), taxa de refresco de 120 Hz e un brillo máximo de 4.500 nits. Isto permite visualizar contidos con cores vivas, alto contraste e fluidez mesmo baixo luz solar directa, perfecta tanto para traballar como para xogar ou consumir multimedia.
No seu interior, o nubia Air incorpora o procesador Unisoc T8300 de 6 nm, acompañado por ata 20 GB de RAM dinámica (8 GB + 12 GB virtuais) e 256 GB de almacenamento interno. A súa batería de 5.000 mAh garante unha longa autonomía, e con carga rápida de 33 W, pódese recuperar enerxía en poucos minutos. Ademais, a tecnoloxía de aforro de enerxía con IA optimiza o rendemento en función do uso.

O apartado fotográfico está composto por unha cámara principal de 50 MP con apertura f/1.6, un sensor de profundidade de 2 MP e unha cámara frontal de 20 MP. Inclúe múltiples funcións potenciadas por IA como AI Super Night, AI HDR, AI Sport Snapshot e estabilización de vídeo EIS, que permiten obter fotos e vídeos nítidos en calquera condición. Ademais, ofrece gravación multicámara simultánea e ferramentas de edición intelixentes como Magic Editor ou Magic Eraser.
O nubia Air leva a experiencia de usuario un paso máis alá coa integración de Google Gemini, que permite xerar contidos, traducir chamadas en tempo real e buscar información cun simple xesto grazas a Circle to Search. Tamén inclúe funcións prácticas como tradución bidireccional instantánea, cancelación de ruído en chamadas con dobre micrófono e desbloqueo mediante lector de pegada dixital baixo a pantalla.
Dispoñibilidade e prezo do nubia Air
O nubia Air chegará a mercado a comezos de outubro por 269 €, en dúas cores elegantes: Streamer Black e Titanium Desert. Estará dispoñíbel en Amazon e El Corte Inglés, ofrecendo unha opción premium no segmento de menos de 300 €.
