Spotify vén de anunciar unha das funcións máis agardadas polas súas usuarias: o audio sen perdas chega á plataforma para quen teña subscrición Premium.
A nova opción permite reproducir cancións en calidade FLAC de ata 24 bits/44.1 kHz en dispositivos compatíbeis a través de Spotify Connect, ofrecendo unha experiencia de escoita máis completa, con máis detalle e fidelidade.
A activación é sinxela, mais hai que facela manualmente en cada un dos dispositivos que empregos. O proceso implica acceder ao perfil, logo configuración e privacidade, e no apartado de calidade de medios e seleccionar “audio sen perdas” tanto en Wi-Fi, como en datos móbiles ou descargas, segundo as nosas prefencias.
A funcionalidade está a chegar de xeito gradual a máis de 50 países, entre os que se atopa o noso. Segundo a compañía, espérase que estea dispoñible para todas as persoas subscritoras de Spotify Premium ao longo do mes de outubro. As usuarias recibirán unha notificación cando a teñan dispoñíbel.
