Movistar acaba de anunciar o lanzamento oficial de Swap, un programa de fidelización que permite ás usuarias ter sempre o último iPhone sen complicacións. A partir de hoxe, tanto a clientela actual como a nova da compañía poderá renovar o seu dispositivo cada 24 meses cunha cota mensual fixa, garantindo así que sempre dispoñen do modelo máis recente da familia Apple.
Como funciona Movistar Swap
O modelo Swap está dispoñíbel para toda a clientela de produtos converxentes miMovistar, tanto actuais como novos. O funcionamento é sinxelo e 100 % flexíbel, de maneira que as usuarias poden cambiar de iPhone cada 24 meses ou esperar ata o mes 48 se así o prefiren.
No caso de decidir non renovar, pode conservar o seu dispositivo sen problema. Ademais, todos os dispositivos dispoñen de 4 anos de garantía, o que supón unha cobertura extra fronte a posíbeis incidencias.
Este novo servizo está pensado para ofrecer unha experiencia de renovación cómoda e transparente, adaptada a cada usuari<, e sen custos adicionais ocultos.
Modelos de Apple dispoñíbeis
Movistar Swap arranca con dispoñibilidade para os últimos lanzamentos de Apple, que inclúen os modelos iPhone 17, iPhone 17 Pro, iPhone 17 Pro Max e iPhone Air.
Grazas a este modelo, os clientes poderán gozar das innovacións de Apple sempre actualizadas, sen necesidade de realizar un gran desembolso inicial.
Porén, o futuro de Movistar Swap non quedará aí. A operadora confirmou que a súa intención é ampliar Swap a outras marcas e categorías de produtos, consolidando este modelo de renovación como un referente no mercado español.
Vantaxes exclusivas para clientes miMovistar
Este programa enmárcase dentro da oferta de dispositivos de Movistar, que xa permite dispoñer dun dispositivo principal desde 0 € e ata catro adicionais. Con Swap, o servizo aplícase ao terminal principal, mentres que para os adicionais as usuarias poden elixir entre o modelo tradicional de adquisición ou este novo sistema de renovación.
