SPC acaba de anunciar a dispoñibilidade en España do SPC ZEUS 2, a versión máis compacta da súa familia de smartphones para maiores. Este modelo chega para complementar ao ZEUS 2 PRO, mantendo todas as características que fan desta gama unha referencia en accesibilidade: Modo Fácil, botón SOS, teclas físicas e integración coa app SPC Care.
Un smartphone pensado para maiores, agora máis compacto
O SPC ZEUS 2 aposta por un deseño ergonómico con pantalla de 5 polgadas, só 161 gramos de peso e unha interface clara e sinxela, pensada para facilitar a vida diaria das persoas maiores.
Entre as súas funcións destacadas inclúe un Modo Fácil, con iconas grandes e menú simplificado; un Botón SOS para emerxencias; teclas físicas que facilitan a navegación e compatibilidade con audífonos para chamadas máis claras.

SPC Care: acompañamento a distancia sen invadir a autonomía
A gran novidade da familia ZEUS é a integración coa aplicación SPC Care, dispoñible gratis en Google Play e App Store. Grazas a ela, familiares e coidadores poden xestionar o dispositivo en remoto, asegurando tranquilidade e seguridade.
Entre estes aspectos destacados, cómpre destacar o axuste do volume, tamaño de letra e iconas á distancia, a configurar o botón SOS ou consultar datos clave como batería, conexión WiFi, datos móbiles ou GPS.
As familiares poden recibir tamén avisos de seguridade (SOS activado, batería baixa ou inactividade prolongada), acceder á localización en tempo real das usuarias maiores e crear recordatorios de saúde, como citas médicas ou toma de medicación.
Ademais, SPC Care permite que varios coidadores compartan a xestión dun mesmo dispositivo, ou que un mesmo coidador poida xestionar varios terminais á vez.
Rendemento equilibrado e seguro
En canto a prestacións, o SPC ZEUS 2 incorpora un procesador MediaTek Helio G36 con 4 GB de RAM (ampliables a 8 GB de RAM virtual) e 64 GB de almacenamento, expandibles ata 1 TB con microSD.
A cámara traseira dual é de 13 MP, e a frontal de 5 MP para videochamadas e fotos familiares, mentres que a batería de 2.300 mAh con carga rápida de 10W por USB-C e base dock de carga incluída.
Prezo e dispoñibilidade en España
O SPC ZEUS 2 xa está dispoñíbel no noso país, a un prezo de 199,90 €, mentres que a aplicación SPC Care pode descargarse de forma gratuíta en Google Play e App Store, funcionando unicamente con dispositivos SPC compatibles.
