realme prepárase para anunciar o primeiro smartphone inspirado en Xogo de Tronos

realme anunciou o inminente lanzamento do primeiro teléfono de edición limitada inspirado Xogo de Tronos (Game of Thrones), froito da súa colaboración con Warner Bros. Discovery Global Consumer Products. Trátase dun fito pioneiro no sector, ao combinar unha das series máis icónicas da historia da televisión cun dispositivo móbil que aposta polo deseño inmersivo e a narrativa épica.

O evento especial terá lugar o 8 de outubro en Irlanda do Norte, no Game of Thrones Studio Tour, situado nos estudos orixinais de rodaxe de Linen Mills, un espazo que permitirá presentar o dispositivo no corazón mesmo de Ponente.

Un smartphone forxado en lume e dragóns

O realme Game of Thrones Limited Edition destaca polo seu deseño en negro e dourado, que evoca a forza medieval e o luxo da serie. Incorpora gravados de dragón en nanoescala e un material termosensible único no mundo: un acabado que cambia de cor de negro a vermello co calor, inspirado no renacemento de Daenerys Targaryen entre as chamas.

A experiencia vai máis aló do hardware. O teléfono ofrece temas personalizados de interface inspirados na Casa Stark e na Casa Targaryen, así como un coidado pack de edición limitada que inclúe unha réplica en miniatura de Ponente, un soporte en forma do Trono de Ferro e cartas coleccionábeis coas insignias das casas máis emblemáticas.

Innovación, entretemento e identidade

Baixo o lema “Own Your Real Power”, realme quere conectar cos valores de autenticidade, rebeldía e valentía da mocidade. Para a compañía, este proxecto non é só unha colaboración estética, senón tamén unha declaración cultural: a tecnoloxía pode ser unha extensión da identidade e un medio para desafiar normas.

Con esta aposta, realme reforza a súa estratexia de unir tecnoloxía e narrativas creativas, demostrando que os smartphones tamén poden ser experiencias inmersivas.

Sobre o autor

No Responses

Reply