MASMOVIL presenta Digital Pro: novas tarifas para persoas autónomas e pequenos negocios

MASMOVIL, a marca do Grupo MasOrange, vén de lanzar o seu novo portafolio Digital Pro, deseñado especificamente para apoiar a competitividade e a transformación dixital de persoas autónomas e pequenas empresas. O obxectivo é ofrecer solucións de conectividade e servizos dixitais de calidade, cun prezo competitivo e pensado para o día a día dos pequenos negocios.

Tres opcións para necesidades diferentes

A oferta inclúe tres opcións para adaptarse a diferentes necesidades:

  • Digital Pro 36 € / mes: fibra óptica de 500 Mb + dúas liñas móbiles con 75 GB de datos. É a opción máis accesible, perfecta para cubrir tanto o traballo en oficina como en mobilidade.
  • Digital Pro 1 Gb / 125 GB: pensada para negocios que requiren maior capacidade, con fibra de 1 Gb e liñas con 125 GB de datos móbiles.
  • Digital Pro 1 Gb / 225 GB: a opción máis completa, con fibra de 1 Gb e liñas con 225 GB de datos, garantindo conexións de alta velocidade e estabilidade constante.

Servizos dixitais incluídos e flexibilidade para medrar

Máis aló da velocidade concreta da fibra ou da franquía de datos que inclúen, as tarifas Digital Pro incorporan servizos que van máis alá da conectividade, como:

  • Ciberseguridade avanzada para protexer datos e equipos.
  • Almacenamento en nube, que facilita o acceso e a colaboración desde calquera lugar.
  • Presenza online, para mellorar a visibilidade e competitividade dos negocios.

Ademais, as usuarias tamén poden engadir liñas de fibra adicionais a prezos fixos e sen sorpresas:

  • 500 Mb extra por 13 € / mes.
  • 1 Gb extra por 21 € / mes.

Con esta nova oferta, MASMOVIL quere reafirmar o seu compromiso coa dixitalización das pemes e persoas autónomas, ofrecendo solucións integrais e adaptables que lles permitan centrarse no seu negocio sen preocuparse polas comunicacións.

Sobre o autor

Reply