Tal e como adiantamos hai uns días, realme fixo realidade o seu ambicioso proxecto de combinar tecnoloxía e fantasía coa chegada do realme Game of Thrones Limited Edition, o primeiro smartphone do inspirado na mítica serie de HBO. A compañía, coñecida pola súa creatividade e polo seu enfoque xuvenil, presentou o dispositivo o 8 de outubro nun escenario digno de Westeros: o Game of Thrones Studio Tour, situado nos estudos orixinais de rodaxe de Linen Mill, en Banbridge (Irlanda do Norte).
Baixo o lema “Own Your Real Power”, realme e Warner Bros. Discovery Global Consumer Products celebraron un evento no que a tecnoloxía, o deseño e a narrativa se uniron para ofrecer unha experiencia inmersiva e única. As asistentes puideron descubrir de primeira man a nova tecnoloxía Dragonfire Color-Changing Design, un material termosensible capaz de cambiar de cor —de negro a vermello— cando entra en contacto con auga quente a 44 °C, simbolizando o renacer de Daenerys Targaryen entre as chamas.

Un deseño forxado en lume e dragóns
O realme Game of Thrones Limited Edition destaca pola súa estética e artesanía. A parte traseira está revestida en pel negra de alta calidade, con gravados en relevo inspirados nos escudos das Grandes Casas de Westeros, e preside o conxunto un Selo de Poder da Casa Targaryen gravado en 3D. O módulo de cámara incorpora adornos de estilo medieval e garras douradas de dragón, combinando luxo e elegancia nun corpo ultrafino de só 7,84 mm.
O coidado chega ata o máis mínimo detalle: a caixa de edición limitada está inspirada no mapa de Westeros e no baúl dos ovos de dragón de Daenerys, e inclúe accesorios personalizados como un soporte en forma de Trono de Ferro, unha carta en pergamiño, o pin da Mán do Rei e postais coleccionábeis, ofrecendo unha experiencia completa desde o momento en que se abre o paquete.
Potencia e rendemento con espírito épico
Baixo o seu deseño temático, o dispositivo integra o procesador Snapdragon 7 Gen 4, unha batería Titan de 7.000 mAh e carga ultrarrápida de 80 W, asegurando un rendemento premium para quen buscan un teléfono que combine potencia, autonomía e deseño. Ademais, conta con temas exclusivos inspirados no xeo e o lume —“Ice” e “Fire”— que adaptan a interface con efectos visuais cinematográficos.

Con esta edición especial, realme reforza o seu compromiso coa innovación creativa e coa cultura pop, ofrecendo aos máis novos un produto que vai máis alá da tecnoloxía: un símbolo de identidade, paixón e valentía.
O realme Game of Thrones Limited Edition é, en definitiva, un dispositivo pensado para quen quere vivir unha verdadeira aventura épica, mais polo de agora non vai estar dispoñíbel en Europa.
