DIGI obriga a Movistar, MasOrange e Vodafone a baixar prezos

A guerra das tarifas no sector das telecomunicacións non é nada novo, pero nas últimas semanas acaba de subir un chanzo. DIGI, a operadora de orixe romanesa, está a poñer contra as cordas ás grandes compañías —Movistar, MasOrange e Vodafone— grazas á súa estratexia low cost, que lle permitiu achegarse rapidamente ás 10 millóns de usuarias e sumar máis de 500.000 novas liñas no primeiro semestre de 2025.

O éxito do seu modelo, baseado en tarifas moi competitivas e unha rede de fibra en plena expansión, obrigou ás súas rivais a reaccionar con movementos desesperados: ofertas secretas con descontos de ata o 60%, que poden beneficiar ás usuarias finais.

As ofertas flash que non verás publicadas

As grandes operadoras están a lanzar tarifas ocultas dirixidas exclusivamente a clientes que proceden de DIGI. Son ofertas privadas que só se activan cando se solicita unha portabilidade dende unha IP asociada á compañía. O obxectivo é claro: reter usuarios e frear o crecemento da competidora.

Movistar: fútbol e streaming por 45 €

A principal marca de Telefónica ofrece un paquete completo de fibra, móbil e TV por só 45 euros ao mes durante o primeiro ano, un prezo moi inferior ao habitual de 134 €, no que ofrece:

  • Fibra de 600 Mbps con router WiFi 6
  • Dúas liñas móbiles 5G+ (60 GB e 5 GB)
  • Movistar Plus+ con Todo o Fútbol da LaLiga
  • O paquete “Ficción Total” con Max, SkyShowtime e Apple TV+

MasOrange: ofertas con MásMóvil e Yoigo

O conglomerado que agrupa a Orange e MásMóvil tamén entra na guerra de prezos con dúas das súas marcas secundarias:

  • MásMóvil ofrece fibra de 500 Mbps e dúas liñas con 50 GB compartidos por 19,90 €/mes durante 12 meses (logo, 34,90 €).
  • Yoigo aposta por fibra de 600 Mbps, dúas liñas móbiles con datos e chamadas ilimitadas e TV con máis de 90 canles e Netflix por 35 €/mes durante 12 meses, subindo despois a 70 €.

Vodafone e Lowi: a defensa máis agresiva

Vodafone, unha das marcas que está en boca de todas polas campás de ventá, e o rival que DIGI ten máis preto de acadar, tampouco quere perder o seu posto, e lanzou a que con diferenza é unha das tarifas máis potentes do mercado:

  • Fibra de 1 Gbps + móbil con datos e chamadas ilimitadas por 20 €/mes, cunha segunda liña ilimitada opcional por 5 €.
  • A súa marca de baixo custe, Lowi, replica a estratexia: fibra de 1 Gbps e móbil con 300 GB por 20 €/mes, ademais dunha liña adicional con 15 GB e chamadas ilimitadas por 5 €.

Un cambio de paradigma no mercado

A irrupción de DIGI está a transformar o panorama das telecomunicacións. O seu crecemento, impulsado por unha rede de fibra propia cada vez máis extensa e unha política de prezos sen artificios, obriga ás grandes a renunciar a marxes de beneficio para manter cota de mercado.

O que comezou como unha simple alternativa económica converteuse nun auténtico terremoto competitivo. As operadoras históricas están a verse forzadas a reinventarse, mentres as consumidoras celebran unha consecuencia clara: prezos máis baixos e máis opcións que nunca.

Sobre o autor

Reply