A batalla polo liderado no mercado de baixo custe das telecomunicacións segue imparábel. Lowi, a marca económica de Vodafone, regresa con forza e recupera as súas coñecidas tarifas anti-Digi, unha serie de ofertas con prezos ultracompetitivos que buscan atraer a usuarios desencantados coa operadora rumana.
Co obxectivo de gañar cota de mercado e situarse entre as mellores opcións para quen busca boa cobertura e prezos baixos, Lowi aposta por tarifas móbiles e combinadas de fibra e móbil desde só 5 euros ao mes, recuperando o espírito das promocións máis agresivas do verán.
Tarifa móbil con 300 GB por 5 €/mes
A estrela da nova campaña é a tarifa móbil de 300 GB por 5 € ao mes, unha proposta que ofrece conexión 5G, chamadas ilimitadas e a posibilidade de acumular ou compartir datos con outras liñas Lowi.
A promoción, dispoñíbel só por tempo limitado, supón un aforro do 75 % respecto ao prezo habitual. Ademais, a marca garante que non hai custos ocultos nin subas inesperadas na factura, reforzando a súa imaxe de transparencia e simplicidade.
Combinados de fibra e móbil desde 20 euros, con Netflix incluído
Para quen precisa conexión na casa, Lowi tamén recupera as súas tarifas converxentes de fibra e móbil, con opcións que se adaptan a distintos perfís:
- 1 Gbps de fibra + móbil con 300 GB e chamadas ilimitadas por 20 €/mes.
- 1 Gbps de fibra + dúas liñas móbiles de 300 GB + Netflix Estándar con anuncios por 26 €/mes.
Ambas as dúas opcións utilizan a rede de fibra e cobertura móbil de Vodafone, garantindo estabilidade e velocidade. Ademais, as usuarias poden mellorar o plan de Netflix tras contratar o servizo, se queren eliminar anuncios ou acceder a máis pantallas.
Para acceder a estas ofertas, o proceso é sinxelo: basta con entrar na web de Lowi desde unha IP de DIGI e acceder á oferta que aparece nunha xanela emerxente coas tres promocións dispoñibles. Unha vez seleccionada a tarifa desexada, só hai que ir seguindo os pasos para completar a contratación.
