A conta atrás para o adeus definitivo aos triángulos de emerxencia xa comezou. A partir do 1 de xaneiro de 2026, todos os vehículos do Estado español deberán levar unha baliza conectada V16 homologada pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), e ZTE adiántase a esta transición coa chegada da súa nova ZTE E1, un dispositivo que combina seguridade, conectividade e tecnoloxía IoT.
A ZTE E1 é unha baliza luminosa conectada que cumpre todos os requirimentos establecidos pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e conta coa certificación oficial do LCOE (Laboratorio Central Oficial de Electrotecnia).

O dispositivo destaca polo seu deseño compacto (55×89×89 mm) e peso lixeiro de 180 gramos. Ofrece visibilidade de 360º, unha intensidade luminosa superior a 40 candelas e resistencia a condicións meteorolóxicas adversas grazas á súa protección IP54. A súa base magnética garante unha fixación firme, mesmo con vento forte, e a batería de 9V ofrece máis de 30 minutos de autonomía real.
Conectividade coa DXT 3.0
A grande diferenza fronte aos triángulos tradicionais é a súa conexión directa coa plataforma DGT 3.0, grazas á tecnoloxía NB-IoT, eSIM integrada e xeolocalización GNSS de alta precisión. En caso de accidente ou avaría, a baliza envía automaticamente a posición do vehículo ás autoridades e ao resto de condutores a través dos paneis informativos e sistemas de navegación conectados.
A ZTE E1 inclúe servizo de datos sen custe adicional até 2040, operado por Vodafone España, o que garante a súa conectividade durante máis dunha década sen cargos extra.

Con este lanzamento, ZTE ofrece unha alternativa máis dentro das balizas V16 conectadas e plenamente homologadas, integrándoa dentro do seu ecosistema IoV (Internet of Vehicles). A marca quere reafirmar así o seu compromiso coa mobilidade segura, intelixente e conectada, un dos piares da súa estratexia tecnolóxica.
A ZTE E1 xa está dispoñíbel en puntos de venda como El Corte Inglés e tendas especializadas a un prezo oficial de 49,90 €. Ademais, con motivo do seu lanzamento, ZTE ofrece un desconto do 20% (39,90 €) e un 50% para quen merque un smartphone ZTE ou nubia entre o 24 e o 30 de outubro.
