Movistar continúa ampliando o seu catálogo de dispositivos conectados coa chegada de ata sete modelos de balizas V16 homologadas pola DXT, un accesorio que pronto será obrigatorio para todos os vehículos que circulen polo Estado español. A compañía aproveita as súas Blue Weeks 2025, a campaña de descontos previa ao Black Friday, para ofrecer importantes rebaixas, incluída a súa popular baliza V16 Fase Light, agora dispoñíbel desde só 34,90 €.
Blue Weeks: descontos en balizas, teléfonos e máis
Durante as Blue Weeks, Movistar adiántase ao Black Friday cunha ampla selección de ofertas en máis de 40 dispositivos tecnolóxicos: smartphones, consolas, smart TVs, tablets, gafas con IA e balizas conectadas.
Pero sen dúbida, a estrela da campaña é a baliza V16 Fase Light, un dispositivo que substitúe os tradicionais triángulos de emerxencia e permite sinalizar unha avaría sen saír do vehículo, reducindo o risco de atropelo.
A baliza V16 Fase Light de Movistar está homologada, e se conecta á plataforma DGT 3.0 a través da rede NB-IoT de Telefónica, que cobre o 99,8% do territorio nacional. Inclúe SIM anónima con 12 anos de conexión gratuíta, non precisa activación nin cotas adicionais, e envía a localización exacta do vehículo en caso de emerxencia.
Entre as súas principais características destacan a visibilidade 360º de até 1 quilómetro grazas ás luces LED de alta intensidade, a resistencia IP54 fronte a auga, vento e golpes; a montaxe magnética rápida e segura, sen necesidade de saír do coche; e unha autonomía de 2,5 horas en modo emerxencia con 4 pilas AAA (incluídas).
Prezos rebaixados e opcións flexíbeis de pago
Durante as Blue Weeks 2025, a baliza Fase Light pode adquirirse por 34,90 € ou 0,5 € ao mes se se engade como dispositivo adicional ao plan miMovistar. Tamén se ofrece un paquete de dúas unidades por 54,90 €, o que deixa cada unha a menos de 28 €, con envío gratuíto en 72 horas e garantía de 4 anos.
A compra pode realizarse nas máis de 800 tendas Movistar, chamando ao 1004, a través de movistar.es ou da app Mi Movistar, tanto para clientes como para non clientes.
Un dispositivo obrigatorio desde 2026
Segundo a Dirección Xeral de Tráfico, a partir do 1 de xaneiro de 2026 todas as balizas V16 deberán ser conectadas e homologadas, substituíndo definitivamente os triángulos de emerxencia.
Ademais de mellorar a seguridade, estes dispositivos notifican en tempo real as incidencias á DGT 3.0, permitindo que os paneis de estrada e apps de navegación alerten ao resto de condutores.
