O despregamento do 5G de R e MasOrange continúa avanzando a gran ritmo en Galiza. Segundo informou o operador galego, máis do 65 % dos concellos de menos de 10.000 habitantes xa dispoñen de cobertura móbil 5G SA (Stand Alone) grazas ao plan UNICO 5G – Redes Activas, financiado polos fondos europeos NextGenerationEU e xestionado polo Ministerio de Transformación Dixital e da Función Pública.
Cando o proxecto se complete, en 2026, preto de 250 concellos galegos —o 80 % dos concellos do país— contarán coa tecnoloxía móbil máis avanzada do momento, que reduce a latencia ao mínimo e multiplica a velocidade e estabilidade da conexión. Isto supón un paso importante para levar conectividade de alta calidade ata o último recuncho de Galiza, incluíndo lugares de orografía complexa e poboación dispersa como Negueira de Muñiz (Lugo) ou Larouco (Ourense).
O plan, cun investimento de 70 millóns de euros ata 2026, inclúe actuacións en preto de 1.000 estacións móbiles, das cales 100 son de nova construción. Até o momento, xa se avanzou en máis de 630 emprazamentos, situando a Galiza na vangarda do 5G industrial e residencial.

Por provincias, o investimento distribúese en 22,7 millóns de euros na Coruña; 20,5 millóns en Lugo; 17,6 en Ourense e 9,6 millóns en Pontevedra. En canto aos concellos afectados, por estas melloras están os seguintes:
- A Coruña: Ares, Cabanas, Camariñas, Cariño, Carnota, Carral, Cerceda, Coirós, Curtis, Frades, Malpica de Bergantiños, Moeche, Neda, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Toques, Tordoia, Touro, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra. Deles Touro, Frades, Vedra, Sobrado e Lousame atópanse en construción.
- Lugo: Barreiros, Baralla, Becerreá, Begonte, Cervo, O Incio, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Negueira de Muñiz, Paradela, A Pobra do Brollón, Rábade e O Valadouro. Barreiros e Meira en fase de construción.
- Ourense: Amoeiro, Beariz, Os Blancos, A Bola, Carballeda de Avia, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Cualedro, Esgos, A Gudiña, Larouco, Leiro, Maside, Parada de Sil, A Peroxa, Punxín, Ribadavia, Riós, Sarreaus, A Teixeira, Verea e Vilamartín de Valdeorras. A eles súmanse Oímbra, Trasmiras e Vilamarín, en fase de construción.
- Caldas de Reis, Catoira, Crecente, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, As Neves, Pontecesures, Portas, Ribadumia e O Rosal, ademais de Catoira en construción.
A estes concellos súmanse os que se atopan en fase de finalización, que por provincias son:
- A Coruña: Abegondo, Aranga, Cabana de Bergantiños, Cedeira, Cerdido, Irixoa, Laxe, Mañón, Mazaricos, Mesía, Mugardos, Muros, Muxía, Outes, A Pobra do Caramiñal, As Somozas, Vimianzo e Zas.
- Lugo: Baleira, Cervantes, O Páramo, Pedrafita do Cebreiro, A Pontenova, Ribas do Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto e Xermade.
- Ourense: Allariz, Avión, Bande, Boborás, Carballeda de Valdeorras, Castrelo de Miño, Gomesende, Laza, Lobios, Melón, A Mezquita, Monterrei, Nogueira de Ramuín, O Pereiro de Aguiar, Piñor, A Pobra de Trives, Rairiz de Veiga, Rubiá, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Viana do Bolo e Vilar de Santos.
- Pontevedra: Moraña e Vilaboa.
Un despregamento que supón un forte impulso para o desenvolvemento tecnolóxico e económico do rural galego, favorecendo a igualdade de oportunidades e a fixación de poboación no territorio
5G rural: a alternativa á fibra.
A maiores, R xa ofrece o servizo “Internet rural”, unha solución que combina banda larga fixa e 5G para aquelas zonas onde a fibra óptica non chega. Esta alternativa xa está dispoñible en 296 concellos galegos (88 da Coruña, 65 de Lugo, 83 de Ourense e 60 de Pontevedra) e permite conexións de ata 1 Gbps e wifi 6 con calidades equivalentes á fibra, superando amplamente as opcións por satélite.

Cando finalicen os traballos, 300.000 fogares e negocios galegos poderán gozar de conexión ultrarrápida, traballar en remoto, acceder a servizos dixitais avanzados e reproducir contidos en alta calidade, sen importar a súa localización.
Coa rede 5G SA e o proxecto “Internet rural”, R quere reafimar o seu compromiso coa redución da fenda dixital, ao tempo que reforza a súa posición como operador con maior cobertura de banda larga en Galiza, con fibra dispoñible en 1,7 millóns de fogares.
