Logo de terse anunciado a finais de outubro o ZTE nubia Z80 Ultra, o novo tope de gama da marcha chinesa xa está dispoñíbel no noso país. O fabricante vén de facer públicas tanto as versións que se poden mercar aquí, como tamén os prezos aos que podemos adquirilos.
Así, o novo nubia Z80 Ultra xa se pode adquirir a través da web oficial de nubia, estando dispoñíbel en tres cores: negro, branco e a edición especial “Noite estrelada” (Starry Night).

nubia Z80 Ultra: Versións e prezos oficiais
En total, están dispoñíbeis un total de 4 versións:
- 12 + 256 GB (negro): 649 €
- 16 + 512 GB (negro ou branco);: 799 €
- 16 + 512 GB (edición Starry Night): 829 €
- 16 GB + 1 TB (negro): 899 €.
Todas elas poden adquirirse con reserva e oferta de lanzamento, estando prevista a súa dispoñibilidade global para o 3 de decembro.
O nubia Z80 Ultra destaca polo seu potente rendemento, cámaras de alto nivel e deseño premium, aspira a competir directamente cos grandes buques insignia de marcas como Samsung, Xiaomi ou OnePlus. Todos os detalles poden consultarse neste outro artigo.
