Xiaomi xa ten en marcha a súa campaña polo Black Friday 2025, que se ben arrancará oficialmente o 20 de novembro, tamén traerá descontos anticipados. Uns descontos que chegan a toda a gama de produtos do ecosistema Xiaomi, desde smartphones de última xeración até scooters eléctricos, baixo o lema “Vida intelixente. Ofertas máis intelixentes”.
Unha das principais novidades é a promoción “Escanea o teu antigo, desbloquea o novo”, dispoñíbel na web oficial: mi.com. As usuarias só terán que sacar unha foto dos seus dispositivos ou electrodomésticos antigos para conseguir cupóns de desconto personalizados, facilitando así a renovación dos seus equipos e o acceso á vida intelixente que propón Xiaomi.
Principais promocións
Quen estea pensando en renovar o seu equipamento aproveitando estes descontos, Xiaomi ten grandes oportunidades, como as que pasamos a comentar a continuación.
En smartphones:
- Xiaomi 15 (12+512 GB) por 629,99 €
- Xiaomi 15T Pro (12+512 GB) por 749,99 € cunha tablet Redmi Pad Pro (6+128 GB) de agasallo
- Xiaomi 15T (12+256 GB) por 499,99 €
- Redmi Note 14 Pro+ 5G (8+256 GB) por 299,99 €
- Redmi Note 14 Pro 5G (8+256 GB) por 249,99 €
- Redmi Note 14 Pro (12+512 GB) por 209,99 €
- Redmi Note 14 5G (6+128 GB) por 149,99 €
- Redmi 15C 5G (4+128 GB) por 139,99 €
- POCO X7 Pro (12+512 GB) por 299,99 €
No que ten a ver coas tablets temos:
- Xiaomi Pad 7 Pro (8+256 GB) por 349,99 €
- Redmi Pad Pro (6+128 GB) por 259,99 €, con teclado Redmi Pad Pro Keyboard de agasallo.
No apartado audiovisual, as televisións Xiaomi TV 2026 chegan tamén con prezos moi atractivos:
- Xiaomi TV F 65” 2026 por 369,00 €
- Xiaomi TV A Pro 55” 2026 por 349,00 €
- Modelos de 32” por 159,00 €
Ademais, o Mi TV Stick baixa a 34,99 €, ou 29,99 € se se merca xunto con outro produto da promoción.
Para levar o fogar ao seguinte nivel, Xiaomi ofrece fortes descontos nos seus robots aspiradores:
- Xiaomi Robot Vacuum X20 Pro por 349,99 €
- Xiaomi Robot Vacuum E12 por 96,99 €
- Xiaomi Robot Vacuum T12 por 99,99 €
- Xiaomi Robot Vacuum E5 por 74,99 €
Tamén destacan o Monitor A24i (79,99 €), e as power banks con cable integrado, que ofrecen 10.000 mAh por 17,99 € ou 20.000 mAh e carga de 33W por 25,99 €.
Os reloxos intelixentes e auriculares sen fíos tamén se unen á festa dos descontos:
- Xiaomi Watch S4 por 99,99 €
- Redmi Watch 5 por 69,99 €
- Redmi Buds 6 Pro por 49,99 €
E por último, en canto artigos de mobilidade para desprazarse dunha forma máis sostíbel:
- Xiaomi Electric Scooter 5 por 299,99 €
- Xiaomi Electric Scooter 4 Lite (2ª xeración) por 249,99 €
Un ecosistema cada vez máis conectado
Con esta campaña, Xiaomi quere reafirmar a súa aposta por facer accesíbel a tecnoloxía intelixente e fomentar unha vida conectada, eficiente e sostible, unindo innovación, deseño e prezos competitivos.
Toda a información e ofertas completas están, ou estarán dispoñíbeis ao longo destes días, na web mi.com
