PLD Space dá un paso decisivo co MIURA 5: presentada a primeira unidade de calificación do lanzador orbital europeo

PLD Space continúa avanzando a un ritmo récord no desenvolvemento do seu lanzador MIURA 5, chamado a converterse nun dos vehículos clave para garantir o acceso europeo ao espazo. A compañía española vén de presentar a primeira unidade integrada de calificación, coñecida como QM1, un fito que marca o inicio da fase final de validación do cohete antes do seu primeiro voo previsto para o primeiro trimestre de 2026.

A chegada desta unidade confirma que o programa avanza con robustez, apoiado nun modelo industrial propio, integración vertical e a combinación de probas constantes e melloras iterativas. Para reforzar a fiabilidade do novo lanzador, PLD Space fabricará tres unidades completas en menos de cinco meses, unha cadencia sen precedentes en Europa.

default

MIURA 5 QM1: validación integral da primeira e segunda etapa

O modelo de calificación QM1 permitirá testar dous elementos esenciais do lanzador:

  • A primeira etapa será protagonista dun Wet Dress Rehearsal (WDR), unha proba de carga e presurización de propelentes que reproduce condicións reais de operación. Este ensaio servirá para validar a resistencia estrutural da etapa fronte ás cargas mecánicas e térmicas presentes durante o proceso de enchido.
  • A segunda etapa será sometida a unha proba de destrución (FTS), destinada a verificar o correcto funcionamento do sistema de terminación de voo. Trátase dun requisito fundamental en todos os lanzadores orbitais, pois garante que o vehículo pode ser destruído de forma controlada en caso de anomalía durante a misión.

Un ritmo de produción inédito en Europa

PLD Space está a acelerar a cadencia de fabricación de MIURA 5, prevendo ter lista a finais de decembro a segunda unidade de calificación, eno primeiro trimestre do 2026 o primeiro cohete de voo, de maneira que poida viaxar ao Centro Espacial de Kourou (Guayana Francesa) para o seu lanzamento.

default

En só dous anos desde o inicio do desenvolvemento, a empresa española converterase na máis rápida de Europa en producir un lanzador orbital con alto nivel de fiabilidade e calidade. O primeiro voo orbital de demostración marcará un antes e un despois para a industria aeroespacial española, conseguindo que o Estado entre a formar parte do reducido grupo de países con capacidade autónoma de acceso ao espazo.

Sobre o autor

Reply