Logo de coñecer a actualización de prezos de Movistar para o próximo ano, agora é Orange quen confirma que subirá o prezo das súas tarifas de fibra e móbil a partir de xaneiro de 2026. Un novo incremento que afecta miles de usuarias, e que consolida a tendencia anual das grandes operadoras: comeza o ano e soben as facturas. Neste caso, a operadora laranxa aplicará subas de entre 1 e 6 euros ao mes, o que supón un incremento medio do 3,88% nas súas tarifas converxentes.
A notificación das novas tarifas apareceu inicialmente na web de Orange. En varias das modalidades combinadas aparecía un aviso indicando que o 12 de xaneiro de 2026 entrarían en vigor os novos prezos. Horas despois, a compañía retirou o aviso, aínda que xa se coñecen os cambios máis importantes.
Como é habitual, a clientela tamén están recibindo a información a través da factura de novembro, onde se especifica canto aumentará cada tarifa. É certo que as promocións e descontos vixentes manteranse, pero aplicaranse igualmente os novos prezos base ao rematar estas.
Novos prezos de Orange para 2026
Orange reorganiza a práctica totalidade das súas opcións converxentes de fibra + móbil, incluídas as que engaden Cine e Series ou Fútbol e Cine. Estas son as tarifas coñecidas ata o momento:
Tarifas de fibra + 1 liña móbil
- Fibra + liña ilimitada: 64 €
- Fibra ata 1 Gbps + liña ilimitada: 74 €
- Fibra ata 2 ou 10 Gbps + liña ilimitada: 84 €
- Cine e Series + 1 liña Elixe 1: 71 €
- Cine e Series + 1 Gbps: 81 €
- Cine e Series + 2 ou 10 Gbps: 91 €
- Cine e Series + 1 liña Elixe 2: 76 €
- Cine e Series + 1 Gbps: 86 €
- Cine e Series + 2 ou 10 Gbps: 96 €
- Fútbol e Cine + 1 liña Elixe 1: 107 €
- Fútbol e Cine + 1 Gbps: 117 €
- Fútbol e Cine + 2 ou 10 Gbps: 127 €
- Fútbol e Cine + 1 liña Elixe 2: 112 €
- Fútbol e Cine + 1 Gbps: 122 €
- Fútbol e Cine + 2 ou 10 Gbps: 132 €
Tarifas de fibra con 2 ou 3 liñas móbiles
- Fútbol e Cine + 2 liñas Elixe 1: 127 €
- Con fibra 2 ou 10 Gbps: 137 €
- Fútbol e Cine + 2 liñas Elixe 2: 132 €
- Con fibra 2 ou 10 Gbps: 142 €
- Fútbol e Cine + 2 liñas Elixe 3: 143 €
- Con fibra 2 ou 10 Gbps: 153 €
- Fútbol e Cine + 2 liñas Elixe Todo: 158 €
- Con fibra 2 ou 10 Gbps: 168 €
Tarifas de fibra con 4 liñas móbiles
- Fútbol e Cine + 4 liñas Elixe 3: 163 €
- Con fibra 2 ou 10 Gbps: 173 €
- Fútbol e Cine + 4 liñas Elixe Todo: 178 €
- Con fibra 2 ou 10 Gbps: 188 €
Ademais, as liñas móbiles adicionais tamén soben de prezo, de maneira que a liña adicional de 0 céntimos pasa a custar 10 €/mes e a adicional de datos queda nos 9 €/mes.
Un mercado que sobe ano tras ano
Con Movistar e Orange confirmando incrementos para 2026, todo apunta a que o inicio de ano estará marcado por unha nova onda de revisións á alza nas principais operadoras.
Como dixemos onte, é pois un momento clave para revisar tarifas, avaliar necesidades reais e, se é preciso, buscar alternativas máis económicas noutras compañías.
