Máis tarde do previsto (ou desexaábel para moitas), Movistar prepárase para lanzar comercialmente a súa fibra óptica de 10 Gbps simétricos, unha modalidade presente xa desde hai anos en operadores como Orange e Digi, pero que até agora faltaba na oferta da compañía azul. A boa nova é que a tecnoloxía está lista, e as primeiras usuarias xa o están porbando, xunto co seu router WiFi 7.
XGS-PON e WiFi 7 como base da nova fibra
Dentro do plan estratéxico de Telefónica 2026–2030, a compañía comprometérase a levar a tecnoloxía XGS-PON a nivel estatal para poder ofrecer velocidades multigigabit. Esa etapa xa está moi avanzada, e Movistar comezou unha proba comercial real con clientes que dispoñen desta cobertura.
A estas usuarias estalles instalando o novo router Smart WiFi 7, o primeiro da compañía compatible co estándar WiFi 7, preparado para sacar o máximo proveito aos 10 Gbps simétricos. Deste xeito, Movistar súmase a Orange e Digi, as outras dúas compañías que viñan ofrecían oficialmente fibra de 10 Gbps no mercado español.
Segundo confirma a operadora, trátase dunha proba comercial controlada, sen tarifas públicas nin data de lanzamento oficial. Aínda así, é a antesala da súa dispoñibilidade masiva, xa que a tecnoloxía funciona e o equipamento estase instalando instalando.
Quen poderá acceder aos 10 Gbps e canto custará
Segundo a información filtrada até o de agora, semella que as primeiras usuarias en poder solicitar a fibra de 10 Gbps serán as das tarifas: miMovistar Esencial, miMovistar Base, miMovistar Max, miMovistar Ilimitado, miMovistar Ilimitado x2, miMovistar Ilimitado x4 e miMovistar Autónomos. Iso si, deberán cumprir ademais dous requirimentos indispensables: ter cobertura XGS-PON e ademais ter dispoñibilidade do router Smart WiFi 7
Durante a fase inicial, Movistar permitirá solicitar gratis o aumento de velocidade a quen cumpra as condicións ata o 15 de febreiro de 2026. Pasado o período promocional, a compañía xa manexa prezos orientativos, que rondarán os 5 € adicionais ao mes para as tarifas con 1 Gbps e 10 € ao mes máis para tarifas con 600 Mbps.
Movistar non confirmou aínda a data exacta da comercialización nin os prezos definitivos, pero pon así en marcha a última peza que lle faltaba para competir directamente no segmento máis avanzado da fibra.
WiFi 7: o salto cualitativo para as casas conectadas
A chegada do router Smart WiFi 7 é outro punto clave do movemento, xa que este dispositivo permite anchos de banda moito máis amplos, menor latencia, ,mellor estabilidade en fogares con decenas de dispositivos conectados e un rendemento optimizado para videoxogos, traballo remoto e streaming 8K.
Con esta actualización, Movistar deixa atrás o atraso respecto doutros operadores que xa levan anos cos modelos WiFi instaltados.
Con estas probas e a instalación dos modelos WiFi 7, Movistar entra na recta final para ofrecer unha fibra multigigabit que xa reclamaban moitas usuarias, tanto profesionais como particulares avanzados. A competencia nesta gama acelérase, e a chegada dos 10 Gbps podería marcar o inicio dunha nova etapa nos servizos de alta velocidade.
