A operadora O2, marca de baixo custe de Telefónica, acaba de dar un golpe enriba da mesa no competido sector das telecomunicacións. En pleno mes de decembro sorprende coa chegada de dúas novas tarifas que recuperan a súa fibra máis económica, 300 Mb, e que combinan móbil e televisión a un prezo moi axustado.
Un movemento que chega non só para reforzar o seu catálogo, senón que volve situar a O2 como unha das alternativas máis atractivas para usuarias que buscan prezo, sinxeleza e a fiabilidade da rede Movistar.
A volta da fibra de 300 Mbps
Tras ter reorganizado a oferta para subir o listón da velocidade mínima, Telefónica decidiu agora recuperar para ocatálogo de O2 a fibra de 300 Mb, unha velocidade que, sen permitir grandes luxos, resulta máis ca suficiente para a maioría de fogares: permite teletraballo básico (no que non haxa que mover grandes arquivos), streaming en alta definición, videoconferencia sen cortes ou xogos en liña.
A principal novidade é que o fai un prezo renovado e mellorado respecto á última oferta con esta velocidade, reforzando a súa aposta polo mercado de baixo custe.
Fibra, móbil e Movistar Plus+ por 35 €
A nova proposta estrela de O2 chega cun paquete de servizos moi completo, que por 35 € ao mes ofrécenos:
- Fibra 300 Mbps simétricos.
- Teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles.
- Liña móbil con chamadas ilimitadas e 30 GB de datos a velocidade 5G+.
- Televisión con Movistar Plus+
E todo ilo sen permanencias.
Os cambios nas tarifas non remata aí, xa que a compañía tamén recupera a fibra de 300 Mbps para segundas residencias, cun plan de 15 €/mes que permite dispor de conectividade nunha segunda ubicación, se dispomos dela, cun prezo realmente interesante.
O2, entre as mellores opcións de baixo custe
Como é habitual na compañía, as novas tarifas de O2 destacan pola súa claridade, estabilidade e prezo, mantendo a sinxeleza que sempre caracterizou a marca. Tanto para fogares que buscan aforro sen renunciar a boa conectividade, como para segundas residencias, estas propostas encaixan perfectamente co perfil de usuarias que precisa boa fibra, datos móbiles suficientes e unha plataforma de TV consolidada.
