Boas novas para quen viaxa con frecuencia fóra do Estado. Pepephone vén de anunciar un aumento dos datos móbiles dispoñíbeis en roaming europeo a partir do 1 de xaneiro de 2026, unha mellora que chega sen subas de prezo e que beneficiará á práctica totalidade das súas tarifas con móbil.
A medida aplicarase tanto ás tarifas só móbil como ás combinacións de fibra + móbil, reforzando unha das señas de identidade da operadora: melloras automáticas sen letra pequena, a comezar pola súa clientela.
O roaming permite usar chamadas e datos móbiles no estranxeiro. No Espazo Económico Europeo (UE, Islandia, Liechtenstein e Noruega) é gratuíto desde 2017, pero non se pode usar o 100% dos GB da tarifa nacional, xa que existe un límite regulado. O que fai Pepephone é aumentar ese límite de datos, permitindo navegar máis tempo sen preocuparse por consumir o bono de roaming antes de rematar a viaxe.
Canto aumentan os GB en roaming en Pepephone?
O incremento varía segundo a tarifa contratada: canto máis grande é o bono nacional, maior é tamén a mellora no roaming. Estes son algúns dos exemplos máis destacados:
- 20 GB: de 8,9 → 10,52 GB
- 40 GB: de 12,71 → 15,03 GB
- 60 GB: de 22,76 → 26,90 GB
- 100 GB: de 19,07 → 22,54 GB
- 150 GB: de 25,43 → 30,05 GB
- 219 GB: de 32,93 → 38,92 GB
- GB ilimitados: de 39,29 → 46,43 GB en roaming
En termos xerais, a mellora supón varios GB extra para consumir no estranxeiro, algo especialmente útil para vacacións longas ou viaxes de traballo.
Porén, non todas as tarifas do catálogo da operadora do Grupo MásMóvil reciben este aumento. As tarifas máis básicas, as “Habla a 0 céntimos” que se poden combinar con 1,5, 4 ou 10 GB manteñen os límites de roaming actuais.
A mellora chega coas novidades na regulación europea. No 2026, o custo máximo do roaming para as operadoras baixa de 1,30 € a 1,10 € por GB, o que lles permite ampliar os límites sen asumir sobrecustos. Unha mellora que Pepephone decidiu trasladar directamente esa á súa clientela, mantendo a súa política de non subir prezos nin lanzar promocións temporais.
