Baseus presentou no CES 2026 as súas novas solucións de carga, audio e seguridade intelixente

O CES 2026, un dos maiores eventos tecnolóxicos a nivel internacional, volveu converter Las Vegas no epicentro da innovación. Como estamos vendo estes días, as principais marcas do sector aproveitaron esta cita para amosar os produtos que marcarán tendencia nos vindeiros meses. Entre elas, Baseus destacou cun amplo catálogo de novidades centradas en facilitar o día a día das usuarias, apostando pola carga intelixente, o audio avanzado e a seguridade conectada.

Durante a súa participación no CES 2026, Baseus reforzou a súa estratexia baseada en deseño funcional, tecnoloxía de vangarda e experiencia de uso intuitiva, con solucións pensadas tanto para o fogar como para a oficina e a mobilidade.

Aposta clara pola carga rápida e eficiente: Serie PicoGo

Un dos grandes protagonistas do stand de Baseus foi a serie PicoGo, unha nova xeración de cargadores e baterías externas deseñadas para quen precisa potencia, portabilidade e seguridade no seu día a día.

Entre estas novidades estivo a Baseus PicoGo AM52 Qi2.2 Magnetic Power Bank. Esta batería externa magnética destaca polo seu deseño ultrafino e pola compatibilidade coa nova tecnoloxía Qi2.2, ofrecendo carga sen fíos de até 25 W e saída USB-C de até 45 W.

Na parte máis técnica destaca o seu sistema avanzado de refrixeración Triple-Loop Cooling. Unha proposta pensada para quen busca unha batería externa potente sen renunciar á comodidade nin á seguridade térmica.

Para quen prioriza a portabilidade, Baseus presentou tamén a batería externa Baseus PicoGo AC22 Ultra Mini Power Bank en formatos de 10.000 mAh e 20.000 mAh., con cable integrado, eliminando a necesidade de accesorios adicionais.

Destaca especialmente polo seu deseño ultracompacto, unha opción especialmente interesante para viaxes e uso diario, onde cada gramo conta.

Ademais, Baseus amosou novos cargadores de parede PicoGo con tecnoloxía GaN, equipados con pantallas dixitais que permiten monitorizar en tempo real a potencia de carga, algo cada vez máis valorado polas usuarias máis esixentes.

Spacemate RD1 Pro: produtividade e orde no espazo de traballo

Outra das novidades máis destacadas de CES 2026 foi a Baseus Spacemate RD1 Pro, unha estación de acoplamiento 15-en-1 pensada para setups de traballo híbrido e contornas profesionais.

Entre as súas principais características destacan a potencia total de ata 180 W grazas á tecnoloxía GaN e carga inalámbrica magnética Qi2.2 integrada. É compatíbel con dous monitores 4K e ofrece unha ampla conectividade para periféricos e dispositivos.

Esta dock station está deseñada para simplificar o escritorio, centralizando carga e conectividade nun único dispositivo, algo especialmente útil en espazos de traballo cada vez máis flexibles.

Audio intelixente adaptado a distintos estilos de vida

No apartado de son, Baseus ampliou as súas gamas Inspire e Bowie, presentando novos auriculares orientados tanto a unha experiencia premium como ao uso diario.

As novidades inclúen funcións como a cancelación activa de ruído avanzada e tecnoloxías de personalización do son segundo os gustos das usuarias, ademais de deseños ergonómicos, lixeiros e pensados para un uso prolongado.

Unha aposta clara por ofrecer audio de calidade adaptado a distintos contextos: traballo, lecer ou desprazamentos.

Seguridade conectada para fogar e vehículo

Baseus tamén aproveitou o CES 2026 para ampliar o seu catálogo de dispositivos de seguridade intelixente, presentando novas cámaras de vixilancia para o fogar e dashcams para vehículos, uns aparellos habituais noutros países e que comezan a despuntar por estas latitudes.

Estes dispositivos integran funcións de seguimento intelixente e gravación en alta resolución, ofrecendo unha experiencia de vixilancia máis proactiva, fiable e adaptada ás necesidades actuais.

Baseus consolida o seu posicionamento no mercado tecnolóxico

Coas novidades presentadas en CES 2026, Baseus quere consolidar o seu posicionamento como unha marca centrada en solucións tecnolóxicas prácticas, aliñadas coas tendencias do mercado e pensadas para resolver necesidades reais das usuarias

Desde a carga rápida ata a produtividade, o audio e a seguridade, a compañía continúa ampliando un ecosistema cada vez máis completo. Agora só queda agardar a que estas novidades cheguen de forma oficial ao mercado do noso país.

Sobre o autor

Reply