O mercado das telecomunicacións en España comeza 2026 cunha guerra de prezos sen precedentes. Nun contexto marcado polas subas de tarifas, Vodafone decidiu mover ficha cunha oferta especialmente agresiva, dirixida directamente a captar a clientela dun dos seus grandes rivais: Digi.
A proposta, dispoñíbel por tempo limitado, inclúe fibra de 1 Gbps, dúas liñas móbiles ilimitadas, televisión e Netflix por só 27 euros ao mes durante un ano, converténdose nunha das ofertas converxentes máis atractivas do momento.
Unha oferta exclusiva para usuarias de Digi
Como xa aconteceu noutras campañas recentes de Orange ou Movistar, Vodafone reserva esta promoción exclusivamente para usuarias que sexan da operadora Digi. Deste modo, a operadora busca atraer a quen queira mellorar os seus servizos mantendo un prezo moi axustado, polo menos durante o primeiro ano de contrato.
Por unha cota mensual de 27 euros ao mes durante 1 ano, Vodafone ofrece un paquete converxente moi completo que inclúe:
- Fibra óptica de 1 Gbps, con router WiFi 6
- Teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles nacionais
- Dúas liñas móbiles con chamadas e datos ilimitados
- Inclúe 47 GB de roaming por liña na UE, Islandia, Liechtenstein, Noruega, Moldavia e Ucraína
- Tamén con roaming en Reino Unido, Estados Unidos e Suíza
- Secure Net, para protexer os dispositivos fronte a ameazas en liña
- Vodafone TV, con máis de 100 canles de series e cine
- Netflix Estándar con anuncios, incluído no prezo
Un combinado que cubre practicamente todas as necesidades dun fogar medio, tanto en conectividade como en entretemento.
Tras este ano de promoción, a cota mensual pasa a ser de 70 €/mes. A permanencia, de 12 meses coincidentes co período promocional, ten unha penalización por baixa anticipada de até 150 €, que se aplica de forma proporcional segundo o tempo restante.
Como acceder a esta promoción
As usuarias de Digi poden acceder a esta promoción entrando á web de Vodafone e cubrindo os datos solicitados para realizar todo o trámite online, ou chamando directamente ao número gratuíto 900 927 840, en horario de 9.00 a 00.00 de luns a domingo.
Con esta tarifa converxente, Vodafone responde directamente ao éxito de Digi no segmento low cost, apostando por unha oferta moi completa a prezo reducido, aínda que limitada no tempo. É unha estratexia clara para frear a fuga de clientes e recuperar protagonismo nun mercado cada vez máis competitivo.
