Xiaomi pon fin á espera e trae oficialmente ao noso país os Mijia Smart Audio Glasses, uns lentes intelixentes que apostan pola comodidade auditiva e a discreción fronte a outras propostas máis intrusivas. Sen cámaras, sen pantallas nin experimentos futuristas, este accesorio busca algo moito máis sinxelo —e práctico—: substituír os auriculares tradicionais no día a día.
Lixeiros, cómodos e pensados para usar durante horas, estes lentes representan a visión máis pragmática de Xiaomi sobre o futuro do audio persoal.
Audio aberto e chamaras claras
A gran baza dos Mijia Smart Audio Glasses é o seu sistema de audio aberto integrado na montura. Os altofalantes van ocultos nas patillas, permitindo escoitar música, podcasts ou chamadas sen tapar os oídos nin perder contacto co son ambiente, algo especialmente útil para camiñar pola cidade, traballar ou desprazarse en transporte público.
Con patillas de apenas 5 mm de grosor e un peso que baixa ata os 27,6 gramos na versión de titanio, Xiaomi conseguiu que a tecnoloxía pase practicamente desapercibida. A sensación, segundo apunta a propia marca, é a de levar uns lentes normais “que soan”.
Para evitar un dos grandes problemas do audio aberto —que as chamadas soen metálicas ou pouco claras—, Xiaomi integra catro micrófonos con algoritmos de redución de ruído capaces de minimizar o impacto do vento ata 4,5 m/s.
Ademais, o sistema emprega ondas inversas para evitar que o son se escape cara ao exterior, mellorando a privacidade e impedindo que a túa conversa se escoite arredor. Un detalle clave para usar estes lentes en contornas públicas sen sensación incómoda.
Autonomía que supera a dos auriculares tradicionais
Outro dos puntos fortes destes lentes intelixentes é a batería. Cada patilla integra unha batería de 114 mAh, suficiente para ofrecer até 13 horas de reprodución continua ao 50% .de volume, ou equivalentemente até 9 horas de chamadas ou 12 días en espera
A isto súmase unha carga rápida que permite obter arredor de 4 horas de uso con só 10 minutos enchufados, facendo que sexan ideais para xornadas longas sen depender constantemente do cargador.
Control táctil, asistente de voz e resistencia IP54
Os Mijia Smart Audio Glasses contrólanse mediante xestos táctiles nas patillas, desde onde é posible reproducir música, responder chamadas ou invocar o asistente de voz do móbil sen sacalo do peto.
Son compatibles con Android 10 e iOS 14 ou superior, empregan Bluetooth 5.4 e contan con certificación IP54, polo que resisten po, suor e pequenas salpicaduras sen problemas.
Xiaomi tamén destaca a durabilidade mecánica, con bisagras deseñadas para soportar máis de 15.000 flexións, algo clave nun accesorio pensado para uso diario.
Dispoñibilizade e prezo dos lentes intelixentes de Xiaomi
Ao noso país chegan en tres versións diferentes:
- Estilo Piloto, con lentes UV400 que bloquean o 99,99% da radiación ultravioleta
- Browline, cun filtrado do 25% da luz azul
- Titanio, máis lixeira e tamén con protección contra luz azul
En todos os casos, os lentes son intercambiables, polo que poden graduarse en calquera óptica e converterse nos nosos lentes principais.
En canto a prezos, Xiaomi aposta pola contención, estándo dispoñíbeis por 179,99 € para as versións Piloto e Browline, e por 199,99 € para a versión Titanio
Un posicionamento competitivo que as coloca como unha alternativa real aos auriculares tradicionais para quen busca comodidade, autonomía e discreción.
