O mercado dos SUV híbridos enchufables segue medrando con forza no Estado, e OMODA quere ter un papel protagonista nesta transición cara a unha mobilidade máis eficiente. Tras a chegada do OMODA 9 SHS, a marca dá un novo paso adiante co lanzamento do OMODA 7 SHS, un modelo chamado a consolidar a súa presenza no segmento D, combinando electrificación avanzada, alto nivel de dixitalización e un enfoque claramente orientado ao uso real do día a día.
O novo OMODA 7 SHS xa iniciou a súa fase de reservas no Estado cunha oferta de lanzamento especialmente atractiva, acompañada ademais dunha das garantías máis amplas do mercado. Grazas a esta promoción, vixente ata o 28 de febreiro, as usuarias poden acceder ao acabado Premium pagando o prezo da versión de acceso (Pure), o que supón un aforro aproximado de 3.000 euros.
Con esta promoción, o OMODA 7 SHS Premium está dispoñible desde 32.990 euros, incluíndo as promocións de lanzamento ligadas a financiamento. Un posicionamento moi competitivo se se ten en conta o seu nivel de potencia, autonomía eléctrica e equipamento de serie.
8 anos de garantía e bo equipamento de serie
OMODA quere facerse oco no mercado diferenciándose pola súa política de posvenda. Co OMODA 7 SHS o fabricante ofrece 8 anos ou 160.000 km de garantía, unha ampliación reforza a mensaxe de fiabilidade e tranquilidade que quere transmitir ás usuarias, algo especialmente relevante nun vehículo híbrido enchufable, onde a tecnoloxía e os sistemas eléctricos teñen un peso clave.
No acabado base, chamado Pure, OMODA aposta pola tecnoloxía e unha dotación moi completa, que inclúe faros LED dianteiros e traseiros, e funcións “welcome home” e “follow me home”. A isto súmase un interior cun enfoque claramente tecnolóxico e funcional:
- Tapizaría interior en negro
- Volante multifunción calefactable
- Asentos dianteiros calefactados
- Climatización automática bizona con saídas para a segunda fila
- Acceso e arranque sen chave
A isto súmanse funcións de control remoto, que permiten accionar a distancia as ventás, o arranque do vehículo ou o sistema de climatización, algo especialmente práctico no uso diario.
O apartado multimedia é outro dos puntos fortes do OMODA 7 SHS. O sistema está composto por un panel de instrumentos dixital de 8,88 polgadas, unha pantalla central LCD de 15,6 polgadas e compatibilidade con Apple CarPlay e Android Auto sen fíos
Ademais, incorpora carga sen fíos de 50 W, portos USB e USB-C en ambas filas e toma de 12 V na parte dianteira. Un conxunto pensado para responder ás necesidades dun público cada vez máis conectado.
A versión Premium, protagonista da oferta de reservas, leva a experiencia un chanzo máis arriba. No exterior destacan a introdución de llantas de aliaxe de 20 polgadas, sistema de cámaras con visión panorámica de 540° e sensores de aparcadoiro dianteiros
No interior, o salto cualitativo é evidente, incluíndo pantalla central deslizante, iluminación ambiental multicor, teito panorámico e portón traseiro con accionamento eléctrico. Os asentos dianteiros contan con regulación eléctrica, ventilación, calefacción e memoria para o condutor, mellorando notablemente o confort tanto en desprazamentos urbanos como en viaxes longas.
O acabado Premium engade tamén funcións avanzadas que reforzan o carácter tecnolóxico do modelo: control por voz intelixente con recoñecemento en catro zonas, actualizacións Over The Air (OTA) e sistema de son SONY con 8 altofalantes. Un conxunto que sitúa o OMODA 7 SHS á altura de propostas máis caras dentro do segmento.
No plano técnico, o OMODA 7 SHS aposta polo seu Super Hybrid System (SHS). Este sistema combina un motor de gasolina 1.5 TGDI turbo de quinta xeración con dous motores eléctricos integrados na transmisión DHT. O resultado é unha potencia combinada de 279 CV, cunha autonomía eléctrica superior aos 90 km e unha autonomía total que pode superar os 1.200 km.
Dispoñibilidade e prezo
O novo OMODA 7 SHS está dispoñíbel en cinco cores (Negro Ópalo, Branco Aura, Prata Moonlight, Verde Wave e Gris Mate, esta última a única opción con sobrecusto de 800 €.
En canto a prezos, o OMODA 7 SHS PHEV Pure 1.5 TGDI 279 CV terá un prezo recomendado de 42.900 €, e o modelo Premium de 45.900 €. Coa promoción de lanzamento e oferta comercial, ata o 28 de febreiro está dispoñíbel este último por 32.990 €.
