Samsung Galaxy S26 Ultra: especificacións completas, novo deseño, prezo e data de lanzamento

O Samsung Galaxy S26 Ultra está a piques de ser presentado oficialmente, pero as filtracións máis recentes permítennos coñecer xa case todos os detalles do que será o novo buque insignia da marca coreana, que apunta a ser unha evolución continuista pero afinada respecto ao Galaxy S25 Ultra.

O Galaxy S26 Ultra manterá uns marcos de pantalla moi reducidos e unha cámara frontal integrada nun illote circular, que nesta xeración sería lixeiramente máis grande, cun diámetro próximo aos 4 mm. As esquinas tamén serán máis redondeadas, abandonando parcialmente o aspecto anguloso que caracterizou á serie Ultra nos últimos anos. Este cambio non é menor: achega o deseño do Ultra ao resto da gama Galaxy S e mellora a ergonomía no uso diario.

Na traseira atopamos un dos cambios máis rechamantes. As tres cámaras principais seguen dispostas en vertical, pero agora integradas nun illote ovalada prominento, necesario para acomodar sensores máis avanzados. A cuarta cámara queda fóra dese illote, situada baixo o flash LED.

En canto aos materiais, todo apunta a que Samsung repetirá a combinación de aluminio, titanio e cristal, mantendo unha sensación premium acorde coa gama máis alta da marca.

Especificacións técnicas do Galaxy S26 Ultra

A nivel de hardware, o Galaxy S26 Ultra introduce melloras graduais, sen grandes saltos respecto á xeración anterior, pero afinando puntos clave como o rendemento, a pantalla e a carga rápida. O seu preocesador será un Qualcomm Snapdragon 8 Elite Gen 5 (3 nm), con 12 ou 16 GB de RAM e 256, 512 GB ou 1 TB de capacidade interna.

A súa pantalla será un panel Dynamic AMOLED M14 COE de 6,9 polgadas, con resolución QHD+ e taxa de refresco adaptativa 1–120 Hz. No interior leva batería de 5.000 mAh e como sistema operativo Android 16 con One UI 8.5.

A cámara principal é un modelo de 200 MP (ISOCELL HP2, f/1.4), acompañado dun gran angular de 50 MP (Samsung JN3), un obxectivo tipo periscopio de 50 MP con zoom óptico 5x (IMX854) e un teleobxectivo de 12 MP con zoom 3x. Por diante, a cámara frontal será de 12 MP (ISOCELL 3LU)

As melloras céntranse principalmente na apertura dos lentes e no procesado, apoiado nunha NPU máis potente, o que debería traducirse nun mellor rendemento en fotografía nocturna e vídeo.

Data de presentación e lanzamento

Se ben aínda non hai comunicación oficial, as filtracións apuntan a un evento de presentación que tería lugar o 25 de febreiro en San Francisco, como paso previo para o seu lanzamento comercial entre o 4 e o 11 de marzo de 2026. O atraso respecto a anos anteriores estaría relacionado cun cambio de estratexia na gama, descartando o Galaxy S26 Edge e recuperando o modelo S26+.

Pola súa banda, o prezo é, a día de hoxe, o punto máis incerto. As filtracións manexan tres escenarios posibles, pero a máis recente apunta a unha lixeira baixada de prezos fronte ao Galaxy S25 Ultra, que quedaría así:

  • 256 GB + 12 GB RAM: arredor de 1.359 €
  • 512 GB + 12 GB RAM: arredor de 1.529 €
  • 1 TB + 16 GB RAM: arredor de 1.809 €

Iso si, esta baixada podería implicar a desaparición da habitual promoción de precompra que duplicaba o almacenamento sen custo adicional-

Sobre o autor

Reply