Samsung conecta atletas e afeccionadas nos Xogos de Inverno Milano Cortina 2026 coa súa innovación móbil e Galaxy AI

Samsung volverá ter un papel protagonista nunha gran cita deportiva global. Como Partner Olímpico e Paralímpico Mundial, a compañía levará a súa tecnoloxía móbil e a intelixencia artificial Galaxy AI aos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Inverno Milano Cortina 2026, cun obxectivo claro: conectar atletas, afeccionadas e organización nun evento máis dixital e inmersivo.

Nunha edición marcada pola dispersión xeográfica e múltiples sedes, a tecnoloxía será clave para reducir distancias e crear unha experiencia máis conectada en todo o territorio italiano.

Novas perspectivas á Cerimonia de Apertura

Un dos momentos máis simbólicos dos Xogos, a Cerimonia de Apertura, contará cunha de smartphones na retransmisión oficial, semellante á vivida nos Xogos de París. Samsung colaborará con Olympic Broadcasting Services (OBS) para incorporar dispositivos Galaxy S25 Ultra na produción en directo, complementando as cámaras tradicionais.

Grazas á súa calidade de imaxe, portabilidade e conectividade 5G, os Galaxy colocaranse en puntos estratéxicos como grúas sobre o estadio, gradas ou os túneles de entrada de atletas.

Isto permitirá capturar perspectivas inmersivas e dinámicas en tempo real, ofrecendo unha nova forma de vivir o espectáculo tanto no estadio como desde calquera pantalla do mundo.

A Cerimonia de Apertura celebrarase este venres, 6 de febreiro no estadio de San Siro, cunha previsión de máis de 75.000 asistentes e máis de 3.500 atletas de máis de 90 países.

Galaxy AI ao servizo do voluntariado: tradución en tempo real sen conexión

A innovación de Samsung non se limita á retransmisión. Un grupo de persoas voluntarias utilizará dispositivos Galaxy equipados coa función Intérprete baseada en Galaxy AI, que permite tradución en tempo real directamente no dispositivo.

Esta solución facilitará a comunicación entre atletas, oficiais e visitantes internacionais. Ao funcionar localmente, sen depender da nube, a tradución é rápida, privada e fiable, algo esencial nun evento internacional con múltiples idiomas e sedes dispersas.

Conectividade continua para afeccionados durante os Xogos

Samsung tamén instalará estacións de carga Galaxy nos recintos deportivos, permitindo que as asistentes manteñan os seus dispositivos operativos durante longas xornadas de competición.

Nun evento no que compartir momentos en redes, consultar resultados ou navegar entre sedes é parte da experiencia, manter o smartphone con batería convértese nun elemento clave para vivir os Xogos sen interrupcións.

Tecnoloxía Samsung na arbitraxe e na Samsung House

A innovación tamén estará presente entre bastidores. Monitores Samsung de alta calidade empregaranse nas probas de patinaxe de velocidade en pista curta, axudando a mellorar o seguimento das competicións e garantindo precisión nas decisións arbitrales. Esta integración tecnolóxica reforza a fiabilidade e o xogo limpo nun dos eventos deportivos máis esixentes do mundo.

Ademais, durante os Xogos, Samsung abrirá Samsung House no histórico Palazzo Serbelloni de Milán, un espazo exclusivo para atletas, medios e partners.

Este centro servirá para seguir competicións en directo e descubrir a evolución da tecnoloxía Samsung nos Xogos Olímpicos. O programa incluirá encontros, exposicións e eventos especiais, ademais dunha proposta gastronómica a cargo do chef con estrela Michelin Enrico Bartolini.

Samsung House abrirá do 4 ao 22 de febreiro (Xogos Olímpicos), e tamén do 6 ao 15 de marzo (Xogos Paralímpicos), cun acceso unicamente con convite.

Un paso máis na evolución dixital dos Xogos Olímpicos

Milano Cortina 2026 representa un novo capítulo na relación entre Samsung e o movemento olímpico. A compañía busca ir máis alá da simple tecnoloxía para crear unha experiencia conectada.

Coa integración de Galaxy AI, conectividade móbil avanzada e innovación audiovisual, Samsung quere contribuír a transformar a forma na que o mundo vive os Xogos, achegando a emoción do deporte a millóns de persoas en todo o mundo.

Sobre o autor

Reply