A guerra de prezos nas telecomunicacións segue intensificándose no Estado, e agora é Simyo quen move ficha cunha das tarifas móbiles máis sorprendentes dos últimos anos. A operadora, unha das marcas do grupo MasOrange, lanzou unha nova proposta “anti Digi” que ofrece 250 GB e chamadas ilimitadas por 7,50 euros ao mes, unha combinación difícil de igualar no mercado actual.
A oferta está claramente orientada a competir directamente con Digi e ofrece 250 GB de datos móbiles, chamadas ilimitadas e roaming con 16 GB no EEE por 7,50 €. Unha tarifa moi competitiva, especialmente se se compara co que están a ofrecer outras compañías neses prezos.
Unha oferta limitada só para usuarias de Digi
Esta tarifa non está dispoñíbel para todo o mundo. Simyo deseñouna especificamente para captar ás usuarias de Digi, polo que só aparece accedeno á web desde unha liña de Digi, aínda que tamén se pode contratar chamando ao 900 903 759. Se ben na información non o aclara, o máis probábel é que se trate dunha odertas temporal.
Ademais da tarifa principal, Simyo ofrece outras dúas combinacións moi interesantes co mesmo volume de datos: 250 GB de datos e 120 minutos por 6 €/mes ou 250 GB datos sen chamadas por 4 €/mes. Dúas ofertas que permiten adaptar o contrato ás necesidades das usuarias.
