Movistar activa a fibra de 10 Gbps: prezos, condicións e todo o que debes saber

A fibra ultrarrápida xa é unha realidade comercial. Movistar comeza a ofrecer oficialmente conexións de 10 Gbps simétricos para usuarias con cobertura, entrando de cheo na nova xeración de conectividade doméstica no Estado e reforzando a competencia fronte a Orange e Digi.

O salto non só trae máis velocidade: tamén chega acompañado do novo router WiFi 7 e cun prezo máis baixo do esperado.

Canto custa pasar de 1 Gbps a 10 Gbps

A diferenza do habitual, Movistar optou por unha estratexia agresiva. O salto de velocidade ten un custo reducido: 5 euros máis ao mes para quen xa teña fibra de 1 Gbps dentro dunha tarifa miMovistar. No caso de partir de 600 Mbps, a subida é de 10 euros mensuais.

Así quedan algunhas das principais opcións:

  • miMovistar Base (600 Mbps a 10 Gbps): de 53 a 63 € ao mes
  • miMovistar Max (1 Gbps a 10 Gbps): de 65 a 70 € ao mes
  • miMovistar Ilimitado con 2 liñas: de 82 a 87 € ao mes
  • miMovistar Ilimitado con 4 liñas: de 129 a 134 € ao mes

Todas as modalidades xa se poden contratar na web, por teléfono ou en tendas físicas, sempre que exista cobertura XGS-PON, tecnoloxía que aínda non está dispoñible en todo o territorio.

Velocidades reais: non todo son 10 Gbps

A cifra comercial é clara, pero Movistar tamén especifica o rendemento esperado en condicións óptimas (con conexión por cable), situando a velocidade máxima nos 8 Gbps, e a velocidade media nos 7 Gbps. En todos os casos, a velocidade mínima garantida é de 5 Gbps. En todos os casos, estamos a falar de conexións simétricas, é dicir, mesma velocidade de subida e baixada, algo clave para teletraballo avanzado, nube, creación de contido ou streaming profesional.

Ademais, a nova fibra chega acompañada do router WiFi 7, que supón un salto importante respecto ao WiFi 6 en capacidade, latencia e xestión de múltiples dispositivos. Isto é clave porque, para aproveitar realmente os 10 Gbps, non abonda coa fibra: o hardware doméstico tamén debe estar preparado.

Na práctica, a maioría de dispositivos actuais non poden acadar esas velocidades por WiFi, polo que o máximo rendemento conséguese mediante conexión cableada e equipos compatibles con redes multigigabit.

A gran pregunta: pena a pena dar o salto?

Para a maioría dos fogares, 1 Gbps segue sendo máis que suficiente. Porén, os 10 Gbps comezan a ter sentido en escenarios con moitos dispositivos conectados simultaneamente, para que emprega servidores domésticos ou nube persoal ou para teletraballo profesional e creación audiovisual, oned se poden manexar grandes volumes de datos.

En calquera caso, o importante é que o salto xa non é prohibitivo, xa que por só 5 euros máis ao mes, a fibra de 10 Gbps deixa de ser algo experimental e convértese nunha opción real para usuarias avanzadas.

Sobre o autor

Reply