OPPO acaba de presentar o novo OPPO Find N6, un dispositivo que aposta por resolver un dos maiores problemas deste formato: o pregue na pantalla.. A compañía presume dunha tecnoloxía pioneira chamada “Zero-Feel Crease”, que promete unha experiencia visual practicamente perfecta, sen marcas visíbeis nin interrupcións.
Isto é posíbel grazas á súa nova bisagra de titanio de segunda xeración. Un proceso avanzado de fabricación con impresión 3D de alta precisión, co que OPPO asegura ter conseguido reducir ao mínimo as irregularidades da pantalla. Na práctica, isto tradúcese nunha redución do pliegue de até un 75% respecto ao estándar da industria, logrando unha superficie moito máis plana.

Ademais, o dispositivo incorpora un cristal flexible con capacidade de auto-reparación que mellora a resistencia á deformación e reduce a aparición de marcas co uso. Segundo certificacións de TÜV Rheinland, o terminal pode soportar centos de miles de dobreces, garantindo durabilidade a longo prazo.
Deseño ultradelgado e multitarefa real
Outro dos puntos fortes é o seu deseño. O OPPO Find N6 preséntase como un dos encartábeis tipo libro máis finos do mercado, combinando portabilidade cunha pantalla interior de gran tamaño, 8,12 polgadas, cun brillo de até 1800 nits. A pantalla exterior é de 6,62 polgas, e ambos paneis están pensados tanto para uso en exteriores como para coidado ocular en condicións de pouca luz.

OPPO non só mellora o hardware, senón tamén a experiencia de uso. O OPPO Find N6 introduce funcións avanzadas de multitarefa como Free-Flow Window, que permite usar ata catro apps ao mesmo tempo na pantalla interna. Todo isto está apoiado por ColorOS 16, optimizado especificamente para encartábeis con novas funcións de intelixencia artificial.
A isto súmase o OPPO AI Pen, un stylus con 4.096 niveis de presión que permite escribir, debuxar e interactuar co sistema con precisión. Inclúe funcións como captura de contido en pantalla, conversión de notas en gráficos ou xeración de imaxes con IA. Un enfoque claramente orientado a usuarias profesionais e creativas.
No interior, o dispositivo monta o procesador Snapdragon 8 Elite Gen 5, un dos máis potentes do mercado, e vai acompañado dunha batería de 6.000 mAh, que promete autonomía para todo o día mesmo cun uso intensivo da pantalla encartábel. En canto á carga, ofrece carga 80W SUPERVOOC por cable e de 50W AIRVOOC sen fíos
Cámara Hasselblad de 200 MP: fotografía profesional
A fotografía é outro dos grandes piares do OPPO Find N6, grazas ao seu sistema desenvolvido xunto a Hasselblad, o dispositivo inclúe unha cámara principal de 200 MP, un sensor ultra gran angular de 50 MP e un teleobxectivo periscópico de 50 MP con zoom 3x. Tamén incorpora un sensor dedicado á cor para mellorar o balance de brancos e lograr imaxes máis naturais.

No apartado de vídeo, permite gravación en 4K con Dolby Vision, chegando incluso a 120 fps na cámara principal, ademais de soporte para vídeo Log para edición profesional.
Un novo estándar nos smartphones encartábeis
Co OPPO Find N6, OPPO dá un golpe enriba da mesa nun segmento cada vez máis competitivo. A combinación de pantalla lisa, potencia de gama alta, ferramentas de IA e enfoque en produtividade sitúano como unha das propostas máis avanzadas do momento.
Ademais, a pesar do seu deseño delgado, o Find N6 non renuncia á resistencia. Conta con certificacións IP56, IP58 e IP59, o que garante protección fronte a po, auga e incluso chorros a presión. Isto convérteo nun dos plegables máis robustos do mercado.

Polo tanto, se realmente cumpre o que promete, podería marcar un antes e un despois na evolución dos smartphones encartábeis.
Dispoñibilidade do Oppo Find N6
O dispositivo chega en dúas cores: Stellar Titanium e Blossom Orange, cun acabado premium en titanio. Porén, de momento non temos información sobre a súa dispoñibilidade ou prezo no noso país.
