Meta lanza as novas Ray-Ban intelixentes para lentes graduados

Meta acaba de dar un novo paso no mercado das gafas intelixentes co lanzamento das súas primeiras Ray-Ban deseñadas especificamente para lentes graduados. As novas Ray-Ban Meta Blayzer Optics e Ray-Ban Meta Scriber Optics apostan por un deseño máis cómodo para todo o día, melloras de conectividade e novas funcións baseadas en IA. Estarán dispoñibles en reserva desde 499 dólares e chegarán ás ópticas dos Estados Unidos e mercados seleccionados o 14 de abril.

A gran novidade destas novas monturas é que están optimizadas para case calquera graduación, incluíndo lentes progresivos e opcións fotocromáticas. Isto converteas nun produto moito máis pensado para o uso cotiá, non só como gadget tecnolóxico, senón como substituto real dos lentes tradicionais. Meta asegura que son os máis cómodos que fabricou ata agora, grazas a bisagras con maior apertura, almofadiñas nasais intercambiables e patillas axustables por un óptico.

Dous estilos e IA mellorada

Ray-Ban Meta Blayzer Optics chega cun deseño máis rectangular e estará dispoñible en tamaño estándar e large, mentres que Ray-Ban Meta Scriber Optics aposta por unha forma máis redondeada e clásica.

Ambos modelos manteñen a esencia estética de Ray-Ban, con novas cores translúcidas e acabados máis lixeiros, algo clave para quen precisa levalos postos durante moitas horas.

No software tamén hai novidades importantes. Estas novas Ray-Ban Meta integran as funcións máis recentes da IA de Meta, entre as que destacan o seguimento da alimentación e nutrición en mans libres, os resumos automáticos de conversas longas en WhatsApp e novas opcións de recordatorios e contexto grazas a Meta AI.

Tamén se amplían as capacidades de tradución en tempo real, con soporte para idiomas como o xaponés e o mandarín, reforzando a idea de que estrs lentes poden ser unha ferramenta útil en viaxes, traballo e produtividade.

Mellor conectividade e streaming máis estable

Outro salto técnico importante está na conectividade. Meta incorpora Wi-Fi 6 UNII-4, unha mellora especialmente relevante para a transmisión de vídeo en directo e a sincronización rápida co móbil.

Cómpre lembrar que estes modelos non teñen pantalla integrada, polo que se sitúan un chanzo por debaixo das Meta Ray-Ban Display, que arrancan en 799 dólares. Aquí o foco segue posto na cámara, os micrófonos, os altofalantes e a integración coa IA, máis que nunha experiencia de realidade aumentada.

Un paso clave para popularizar as smart glasses

O lanzamento destes novos lentes é especialmente relevante porque elimina unha das grandes barreiras de entrada: a comodidade para quen usa lentes graduados todos os días.

Ao levar as Ray-Ban Meta ás ópticas tradicionais, Meta e EssilorLuxottica buscan que deixen de verse como un accesorio tecnolóxico ocasional e pasen a formar parte da rutina diaria de millóns de persoas.

Con este movemento, Meta aspira a reforzar o seu liderado nun mercado que non deixa de crecer e deixa claro que as smart glasses son unha das súas grandes apostas de futuro.

Sobre o autor

Reply