En plena guera de tarifas, Lowi acaba de dar un paso importante para facer aínda máis atractiva a súa oferta converxente. A operadora anunciou a incorporación de HBO Max ao seu configurador de tarifas, unha das plataformas de streaming máis demandadas polas usuarias, e acompaña esta novidade cun incentivo especialmente interesante: ata 100 GB extra ao mes sen custo adicional.
Ata agora, a marca xa permitía sumar servizos como Netflix, Disney+ ou Prime Video ás súas tarifas de fibra e móbil, pero faltaba unha das grandes plataformas do mercado. Co desembarco de HBO Max, Lowi completa un catálogo de entretemento moito máis competitivo e á altura das grandes operadoras, ofrecendo unha alternativa cómoda para quen prefire ter todos os servizos centralizados nunha única factura.
HBO Max en Lowi por 6 euros ao mes
O novo acordo entre Lowi e HBO Max permite ademais contratar a plataforma por 6 euros ao mes, un prezo lixeiramente inferior ao da subscrición directa. A diferenza económica non é enorme, pero si supón un pequeno aforro mensual que, sumado á comodidade de xestionalo todo desde a operadora, pode resultar moi atractivo para moitos clientes.
A activación, ademais, mantén a filosofía de simplicidade propia de Lowi. Todo o proceso faise desde a app Mi Lowi, sen chamadas nin procesos complicados. As usuarias mesmo poden vincular a conta que xa teñen creada en HBO Max, mantendo os perfís, o historial de reprodución e as recomendacións personalizadas. Deste xeito, non hai que empezar de cero nin volver “adestrar” o algoritmo da plataforma.
Ata 100 GB adicionais cada mes
A gran sorpresa desta renovación comercial está nos datos móbiles. Lowi confirmou que as usuarias que contraten HBO Max coa operadora recibirán ata 100 GB extra ao mes totalmente gratis, en función da tarifa de datos que teñan contratada.
Este extra convértese nun reclamo moi potente, especialmente para quen consume series, películas ou deporte en streaming fóra da casa. Con estes daatos adicionais, resulta moito máis doado ver contido en mobilidade sen depender dunha rede WiFi e sen medo a esgotar a tarifa habitual.
Un movemento estratéxico para competir mellor
Con esta novidade, Lowi reforza a súa posición no segmento low cost premium, apostando por máis valor engadido sen complicar a experiencia das usuarias A combinación de streaming con desconto e datos gratis encaixa moi ben co tipo de cliente que busca aforro, pero tamén flexibilidade e entretemento integrado.
A compañía demostra así que segue escoitando as peticións da súa base de usuarias e ampliando un catálogo cada vez máis completo, nun mercado no que as operadoras xa non só compiten por prezo, senón tamén por servizos asociados.
