A poucos días da súa presentación oficial, o novo HONOR 600 Pro acaba de deixar ver boa parte do seu potencial tras pasar por Geekbench. O terminal, que formará parte da nova serie HONOR 600 xunto ao modelo estándar, apunta directamente á gama alta cunha combinación de potencia flagship, cámara de 200 MP e unha batería que promete romper moldes.
Todo indica que a nova familia será presentada o 23 de abril, e este benchmark xa deixa claro que HONOR quere xogar forte nun segmento cada vez máis competitivo.
Snapdragon 8 Elite e Android 16 de serie
O dato máis importante da filtración é a presenza do Snapdragon 8 Elite, un procesador que segue a ofrecer rendemento de primeiro nivel e que encaixa perfectamente nun móbil premium.
Na proba de Geekbench, o HONOR 600 Pro conseguiu 2.858 puntos en single-core e 8.666 en multi-core, cifras moi sólidas que o sitúan entre os Android máis potentes do momento.
A unidade filtrada aparece con 12 GB de RAM, aínda que é probable que existan máis versións cando chegue ao mercado. Outro detalle moi atractivo é que estreará Android 16 de fábrica, algo que lle dá un plus importante en software e vida útil.
Batería de 9.000 mAh: un dos seus grandes reclamos
Se hai unha característica que pode marcar a diferenza neste modelo é a batería. As filtracións apuntan a nada menos que 9.000 mAh, unha cifra pouco habitual incluso en teléfonos centrados na autonomía.
De confirmarse, o HONOR 600 Pro podería converterse nun dos móbiles con mellor duración de batería de 2026, ideal para usuarias intensivas, gaming, vídeo e fotografía.
Aínda non transcenderon detalles sobre a carga rápida, pero cunha capacidade así é de esperar que HONOR aposte por potencias elevadas.
Cámara de 200 MP e IA para a fotografía nocturna
Outro dos puntos fortes será a fotografía. Os rumores falan dun sensor principal de 200 megapíxeles, apoiado por melloras de intelixencia artificial especialmente orientadas á fotografía nocturna.
Isto encaixa cos teasers oficiais da marca, que xa avanzaban unha clara aposta pola IA aplicada á captura en condicións difíciles de luz, un dos campos onde máis están competindo os fabricantes premium.
Deseño ultrafino con inspiración premium
A nivel visual, as imaxes filtradas mostran un deseño que bebe claramente das tendencias actuais da gama alta, cun módulo de cámaras de gran tamaño a todo o ancho da traseira.
Tamén se fala dun pantalla OLED de 1,5K con taxa de refresco de 120 Hz, o que completaría unha ficha técnica moi equilibrada.
Entre os acabados previstos destacan cores máis chamativas como laranxa, negro e dourado, algo que podería darlle moita personalidade fronte a rivais máis conservadores.
Se todas estas especificacións se confirman, o HONOR 600 Pro pode converterse nun dos lanzamentos máis atractivos do mes. O equilibrio entre chip potente, batería xigante, cámara de 200 MP e Android 16 sitúao como un rival moi serio para modelos de Samsung, Xiaomi ou OPPO no segmento premium.
