Lidl prepara a súa propia tarifa móbil cun novo OMV low cost integrado en Lidl Plus

Os supermercados volven a interesarse polo mercado das telecomunicacións, tras as non moi boas experiencias previas de Carrefour e Día no noso país. Agora o protagonista é Lidl. A cadea alemá prepara o desembarco da súa propia operadora móbil virtual no noso país, cunha proposta claramente enfocada ao segmento de baixo custe e coa súa app Lidl Plus como gran arma para captar usuarias.

Este movemento chega tras a alianza entre o grupo Schwarz, propietario de Lidl, e 1GLOBAL, compañía especializada en conectividade móbil e servizos eSIM. Schwarz adquiriu un 9,9 % de 1GLOBAL, que será o seu socio tecnolóxico exclusivo durante os próximos cinco anos, co obxectivo de converter Lidl nun OMV con control sobre tarifas, activacións e servizos dixitais, algo moito máis ambicioso que un simple revendedor de servizos.

1GLOBAL xa ten presenza directa en España a través de Truphone, OMV completo adquirido en 2023, que opera sobre a rede de Orange. Por iso, todo apunta a que a futura telefonía de Lidl no noso mercado apoiarase nesta infraestrutura xa existente, o que permitiría un lanzamento relativamente rápido e con boa cobertura nacional.

Lidl Plus como porta de entrada

A idea da compañía é ofrecer conectividade sen complicacións, para o cal apoiaríanse directamente na súa aplicación Lidl Plus, que empregan millóns de usuarias no Estado. Deste modo, permitirían a xestión desde a mesma aplicación, podendo contratar e activar a liña, solicitar portabilidade, xestionar recargas e mesmo instalar unha eSIM en poucos pasos.

Isto encaixa totalmente co modelo de consumo actual: menos tendas físicas de operadores e máis autoservizo dixital desde o móbil.

Pendentes de como serán as tarifas de Lidl

Aínda que non hai prezos oficiais para, o espello máis lóxico é Alemaña, onde Lidl Connect xa comercializa tarifas prepago baixo a cobertura de Vodafone

Os plans actuais alí móvense en cifras como 25 GB por 10 €; 50 GB por 15 €; 100 GB por 20 € ou plans anuais equivalentes a uns 5 € ao mes por 60 GB

Se Lidl replica esta estratexia aquí, podería entrar de cheo na guerra das tarifas ultra baratas, especialmente se engade vantaxes cruzadas con descontos no supermercado ou cupóns en Lidl Plus.

Sobre o autor

Reply