Avatel renova as súas tarifas en 2026 cun 1 Gbps desde 19,99 € e máis músculo no rural de Galiza

No mercado estatal das telecomunicacións hai operadores que compiten só por prezo, e outras que apostan por estratexias diferentes. Un destes casos é Avatel, unha compañía que se foi facendo forte cunha estratexia diferente: despregando rede propia e levando fibra a zonas rurais e de menor densidade, lugares aos que moitas grandes telecos tardaron anos en chegar.

En Galiza, ademais, a súa presenza reforzouse nos últimos anos coa compra de diversos operadores locais con infraestrutura propia, mantendo ese ADN de proximidade e cobertura real no territorio.

Agora a compañía vén de actualizar a súa proposta comercial cunhas novas tarifas moito máis simples, todas arredor da fibra de 1.000 Mbps e WiFi 6, buscando facilitar a elección ás usuarias sen perder competitividade.

Fibra 1.000 Mbps con WiFi 6 desde 19,99 € ao mes

A tarifa de entrada é a nova Conecta Fibra, unha opción pensada para quen só precisa boa conexión na casa e quere pagar o mínimo. Inclúe fibra de 1.000 Mbps con router WiFi 6 incluído e un prezo promocional de 19,99 €/mes durante 12 meses, que despois pasa a 24,99 €/mes. Unha proposta moi agresiva, tendo en conta que Avatel é ás veces a única alternativa para moitas usuarias.

Para quen queira sumar móbil, a compañía ofrece tres opcións:

  • Conecta Sencillo. Unha tarifa que ofrece fibra 1.000 Mbps e unha liña móbil con chamadas ilimitadas e 100 GB acumulables por 24,99 €/mes durante 12 meses (logo 29,99 €/mes).
  • Conecta Dobre. Inclúe a fibra de 1 Gbps e dúas liñas móbiles con 100 GB acumulables a compartir e chamadas limitadas, ademais Amazon Prime por 34,99 €/mes durante un ano (despois 39,99 €/mes).
  • Conecta Sen Límites. Pensado para fogares que necesitan uso intensivo de datos, ofrece fibra 1.000 Mbps e 2 liñas con chamadas e datos ilimitados, ademais de Amazon Prime por 39,99 €/mes durante o primeiro ano (logo 44,99 €/mes)

Con estas alternativas, a compañía adáptase a diferentes perfís de usuarias, ofrecendo un servizo completo ao que se poden engadir televisión con pagos extra.

Sobre o autor

Reply