A OnePlus Pad 4 chega a finais da abril con Snapdragon 8 Elite Gen 5 e máis batería

A nova OnePlus Pad 4 xa ten especificacións confirmadas e apunta directamente á gama alta. A marca chinesa prepara unha tablet que chega co chip máis potente de Qualcomm, unha pantalla de gran formato e unha batería mellorada, co obxectivo claro de competir coas opcións máis punteiras do mercado.

O lanzamento está previsto para o 30 de abril na India, onde xa aparece listada en Amazon, e aínda queda no aire a súa chegada a Europa. Aínda así, o que sabemos ata agora é suficiente para situar esta Pad 4 como unha das tablets Android máis interesantes do que vai de ano

Snapdragon 8 Elite Gen 5 e batería extensa

Unha das súas principais especificacións témola no seu interior. A OnePlus Pad 4 incorpora o Qualcomm Snapdragon 8 Elite Gen 5, o procesador comercial máis avanzado do momento, combinado con 12 GB de RAM e até 512 GB de almacenamento

Outro dos puntos clave é a pantalla, onde mantén un panel de 13,2 polgadas, con resolución 3.4K, 144 Hz de taxa de refresco e até 1.000 nits de brillo. Conta ademais con soporte Dolby Vision e unha cobertura do 98% do DCI-P3, o que a convirte nunha pantalla pensada tanto para produtividade como para consumo multimedia.

A batería tamén medra. A OnePlus Pad 4 incorpora 13.380 mAh, aproximadamente un 10 % máis ca a xeración anterior, mantendo a carga rápida de 80 W, o que debería traducirse nunha maior autonomía e, polo tanto, menos dependencia do cargador.

A nivel estético, OnePlus non arrisca demasiado e mantén a liña da xeración anterior, con chasis premium e o reposicionamento dos conectores para o teclado. Iso si, aparece un novo acabado en ton marrón dourado

Un enfoque claro cara a produtividade

A tablet chega acompañada de novos accesorios que reforzan o seu enfoque profesional, pensando en mellorar a produtividade das usuarias.

Por unha banda, ofrécese o lapis OnePlus Stylo Pro, que destaca polos seus 16.000 niveis de presión, permitindo ala precisión para escritura e debuxo.

Por outra, tamén se renova o teclado tipo folio, aínda que sen grandes cambios confirmados. A idea é converter a Pad 4 nunha alternativa real a un portátil lixeiro.

Dispoñibilidade: a dúbida de Europa

Como avanzamos ao comezo, o lanzamento inicial será na India a finais e mes, sen que polo de agora saísen informacións sobre a súa expansión global.

Nos últimos meses houbo rumores sobre unha posible retirada parcial de OnePlus de mercados como Europa ou Estados Unidos, algo que a marca non confirmou nin desmentiu. Haberá que esperar ao lanzamento para ver se a compañía aclara este dato.

Sobre o autor

Reply