Vodafone mellora o seu Internet 5G para o fogar: máis barato, sen móbil obrigatorio e pensado para onde non chega a fibra

Vodafone quere seguir reforzando a súa alternativa á fibra óptica con importantes melloras no seu servizo Internet 5G, unha proposta pensada para dar conectividade fixa a través das redes móbiles naquelas zonas onde a fibra aínda non chegou ou para quen quere un servizo sen instalacións.

Trátase dunha solución que probamos hai un par de anos, cunha valoración moi positiva. Coas melloras na rede 5G vividas nos últimas anos, esta opción convértese nun substituto real para a fibra en moitos escenarios, especialmente en vivendas illadas ou para segundas residencias.

Agora, Vodafone dá un paso máis e fai o seu servizo máis accesible e competitivo en prezo, algo clave para que este tipo de conexións deixen pasen a ser unha opción real

Internet 5G no fogar desde 20 € e sen liña móbil obrigatoria

A gran novidade é que Vodafone iguala as condicións do seu Hogar 5G ás das tarifas de fibra, permitindo contratalo sen necesidade de ter unha liña móbil asociada.

O prezo arrinca en 20 €/mes durante os primeiros 12 meses, período tras o cal pasa a custar 30 € ao mes. Quen queira completar a oferta cunha liña móbil, terá as seguintes opcións:

  • Internet 5G e móbil (60 GB): 43 €/mes
  • Internet 5G e móbil (160 GB): 48 €/mes
  • Internet 5G e móbil (ilimitado): 53 €/mes

A Internet 5G ofrece datos ilimitados a unha velocidade máxima de 1 Gbps. Vodafone comercialízao cun router 5G con Wifi 6 autoinstalable, que non precisa máis ca enchufarse á rede eléctrica para funcionar. Isto permite que poidamos levalo con nós nas nosas viaxes, desfrutando de datos 5G para conectar os nosos dispositivos.

Hai un punto importante a ter en conta: o router 5G non é completamente gratuíto. Ppágase 1 €/mes durante 36 meses e permanencia de 12, cunha penalización de até 70 €. Pasados os 12 meses, podemos dar de baixa o servizo e devolver o router. Se completamos os 36 meses, o router pasa a ser da usuaria.

Sobre o autor

Reply