R ofrece a mellor experiencia en Internet fixa segundo o último estudo da consultora nPerf

O operador galego R volve situarse na cabeza do sector das telecomunicacións. Segundo o último estudo da consultora nPerf, a compañía -xunto co resto de marcas do grupo MasOrange- ofrece a mellor experiencia de internet fixo do Estado, consolidando así o seu liderado por segundo ano consecutivo.

Este recoñecemento chega nun contexto de máxima competencia entre operadores e baséase en datos reais de uso, onde factores como a velocidade, a latencia ou a calidade do streaming marcan a diferenza no día a día dos usuarios.

Unha rede fiable e con mellor rendemento global

O informe de nPerf outorga a R e MasOrange a mellor puntuación global en conexións fixas, cun total de 135.819 puntos. Este resultado responde ao bo comportamento da rede en aspectos clave como a navegación web, a reprodución de vídeo en streaming e, sobre todo, a latencia.

Precisamente neste último apartado, R destaca especialmente cunha latencia media de 20,26 ms, un dato fundamental para usos cada vez máis habituais como xogos en liña, videochamadas ou aplicacións en tempo real.

Un dos puntos fortes da proposta de R é a experiencia WiFi no fogar e nos negocios. A baixa latencia e a estabilidade da conexión tradúcense nunha resposta inmediata, algo que se nota especialmente en tarefas esixentes.

Xa sexa para traballar desde casa, facer videoconferencias, consumir contido en plataformas de vídeo ou xogar online, as usuarias contan cunha conexión máis fluída e fiable. De feito, o operador tamén lidera a navegación web cun 77,92% e acada por primeira vez o primeiro posto en streaming de YouTube cun 84,63%.

Liderado en Galiza e aposta pola fibra

En Galiza, R mantense como a opción preferida tanto para fogares como para empresas. Parte deste éxito débese á súa ampla cobertura de fibra óptica de última xeración, que lle permite chegar a boa parte do territorio cun servizo de alta calidade.

Nun momento no que a conectividade é esencial para traballar, comunicarse e entreterse, esta infraestrutura é clave para garantir unha experiencia consistente, especialmente en zonas onde outras tecnoloxías poden ofrecer un rendemento máis limitado.

Sobre o autor

Reply