A operadora especializada no mercado de baixo custe DIGI anunciou a chegada do estándar Wi‑Fi 7 ás súas tarifas de Fibra SMART de 750 Mbps e 1 Gbps, unha mellora que permitirá ás usuarias acceder a unha conexión máis rápida, estable e preparada para fogares con múltiples dispositivos conectados.
A novidade é especialmente relevante porque o operador incluirá estes novos routers sen custo adicional nas novas altas, democratizando así unha tecnoloxía que ata agora estaba reservada ás conexións máis avanzadas.
A chegada do Wi-Fi 7 supón un salto importante na experiencia de uso diaria. Esta tecnoloxía ofrece maior velocidade, menor latencia e unha capacidade moito máis eficiente para xestionar varios dispositivos ao mesmo tempo, algo clave en fogares con móbiles, televisores, consolas e dispositivos intelixentes conectados de forma simultánea.
Ademais, no caso da Fibra SMART de 1 Gbps, as usuarias poderán contar cun router baseado en XGS‑PON con Wi-Fi 7, que mellora ata nun 30% a cobertura inalámbrica dentro da vivenda. Isto tradúcese en menos zonas sen sinal e unha conexión máis estable en todas as estancias.
Ata agora, DIGI xa ofrecía Wi-Fi 7 no seu servizo máis avanzado, PRO-DIGI de 10 Gbps. Con este movemento, a compañía amplía o acceso a esta tecnoloxía a tarifas moito máis accesibles, permitindo que un maior número de usuarias poida beneficiarse das súas vantaxes.
Outro dos puntos destacados é o avance da infraestrutura. DIGI confirma que o seu despregamento de XGS-PON xa acada o 95% da súa rede en España, o que garante unha base sólida para ofrecer conexións de alto rendemento.
Prezos e condicións: fibra rápida desde 15 euros
As usuarias que queiran acceder a esta tecnoloxía poden contratar estas tarifas, sempre que dispoñan de cobertura SMART, que é a que ofrece de forma directa (sen dependencia de redes fixas de terceiras empresas).
A Fibra SMART de 750 Mbps custa euros ao mes, mentres que a de 1 Gbps sitúase nos 20 euros mensuais. Para quen busque o máximo rendemento, a opción PRO-DIGI de 10 Gbps está dispoñible por 25 euros ao mes, tamén con Wi-Fi 7 incluído.
As contratacións poden realizarse a través da web de DIGI, nas súas tendas ou por teléfono, facilitando o acceso a unha das conexións máis avanzadas do mercado.
