HONOR presenta os novos HONOR 600, con cámara nocturna de 200 MP e batería de alta capacidade

A nova xeración de smartphones de HONOR xa é oficial. A compañía anunciou a chegada da serie HONOR 600, unha familia de móbiles que aposta fortemente pola intelixencia artificial, a fotografía avanzada e a autonomía, cun enfoque claro cara ascreadoras de contido e usuarias que buscan un dispositivo premium.

Os novos modelos chegan con funcións de IA inéditas, unha cámara nocturna de 200 megapíxeles, baterías de 6.400 mAh e pantallas capaces de acadar os 8.000 nits de brillo, cifras que os sitúan entre os smartphones máis avanzados do momento.

HONOR leva a creación con IA a outro nivel

Un dos grandes protagonistas da serie HONOR 600 é a nova tecnoloxía Imax a Vídeo 2.0. Esta ferramenta permite converter fotografías en pequenos vídeos cinematográficos grazas á intelixencia artificial.

As usuarias poden combinar ata tres imaxes e describir mediante texto o resultado que queren obter. O sistema xera secuencias de entre 3 e 8 segundos con efectos dinámicos e transicións avanzadas, todo directamente desde o móbil.

HONOR tamén incorpora un botón específico para acceder rapidamente ás funcións de IA, ademais dun asistente capaz de editar fotos mediante linguaxe natural. Abonda con escribir o cambio desexado para que a IA o aplique automaticamente.

Cámara nocturna de 200 MP: o gran salto fotográfico

Outro dos puntos fortes da serie é o apartado fotográfico. O HONOR 600 incorpora unha cámara principal de 200 MP cun sensor de gran tamaño orientado especialmente á fotografía nocturna.

A marca asegura que o sistema mellora significativamente a captación de luz grazas á tecnoloxía de procesado por IA e ao agrupamento de píxeles, permitindo fotografías máis luminosas e definidas mesmo en escenas complexas.

O modelo Pro engade ademais un teleobxectivo periscópico de 50 MP con zoom de ata 120 aumentos, acompañado dun sistema de estabilización avanzado que promete resultados próximos aos dunha cámara mirrorless básica.

Tamén destacan funcións como fotografía nocturna mellorada por IA en diferentes niveis de zoom, retratos nocturnos con efectos bokeh avanzados, e o novo modo SuperMoon 2.0 para capturas da lúa con maior detalle.

Pantalla e batería

HONOR apostou por un deseño especialmente refinado nesta xeración. Os novos dispositivos presentan un corpo metálico unibody, marcos extremadamente reducidos e acabados premium en varias cores.

A pantalla OLED de 6,57 polgadas destaca especialmente polo seu brillo máximo de 8.000 nits, unha cifra que mellora notablemente a visibilidade en exteriores. Tamén ofrece taxa de refresco de 120 Hz e tecnoloxías de protección visual orientadas a reducir a fatiga ocular.

A autonomía é outro dos grandes argumentos dos HONOR 600. A serie integra unha batería de 6.400 mAh, mantendo un deseño fino e lixeiro. Segundo HONOR, o sistema de xestión intelixente permite acadar ata dous días de uso intensivo. Ademais, o dispositivo mantén o seu rendemento mesmo en condicións extremas, funcionando a temperaturas de ata -20 ºC.

A carga rápida tamén destaca, sendo a carga por cable de 80W; a carga sen fíos de 50W no modelo Pro; e carga inversa compatible tamén con iPhone.

No interior, o HONOR 600 aposta polo Qualcomm Snapdragon 7 Gen 4, mentres que o modelo Pro incorpora o Qualcomm Snapdragon 8 Elite de 3 nanómetros.

A compañía tamén quixo destacar a integración co ecosistema Apple. Grazas ao sistema OneHop, as usuarias poden compartir arquivos entre HONOR, iPhone e Mac con maior facilidade, sincronizar notificacións e acceder a notas ou documentos desde diferentes dispositivos.ç

Por último, cómpre destacar que no apartado de resistencia, a serie conta con certificacións IP68, IP69 e IP69K, ademais de protección avanzada fronte a golpes e caídas.

Prezos e promoción de lanzamento

Os novos HONOR 600 xa están dispoñibles en varias configuracións e cores, con promoción especial ata o 31 de maio de 2026.

O modelo de 8 GB + 256 GB poderá mercarse por 499 euros, mentres que a versión de 512 GB ascende a 599 euros. Ambos inclúen un cargador de 100W de agasallo.

Pola súa parte, o HONOR 600 Pro con 12 GB de RAM e 512 GB de almacenamento terá un prezo promocional de 899 euros e incluirá tamén un proxector HONOR Choice e un cargador rápido.

Con esta nova xeración, HONOR reforza a súa aposta pola intelixencia artificial aplicada á creatividade, consolidándose como unha das marcas máis activas na carreira polos smartphones máis avanzados do mercado.

Sobre o autor

Reply