A seguridade do fogar segue evolucionando coa chegada de dispositivos cada vez máis conectados. Unha das últimas novidades neste segmento é a nova EZVIZ EP4, a mira dixital máis avanzada presentada por EZVIZ até a data, que aposta por resolución 4K, recoñecemento facial mediante intelixencia artificial e unha gran autonomía para transformar completamente a porta de entrada da casa.
Un dos grandes saltos da nova EZVIZ EP4 está na calidade de imaxe. Incorpora resolución 4K e un amplo campo de visión de 155º, permitindo visualizar con moito máis detalle quen chama á porta, paquetes entregados ou movementos diante da vivenda.
A isto súmanse tecnoloxías como WDR e corrección de distorsión LDC, que melloran automaticamente a imaxe en escenas con contraluces ou iluminación complicada, ofrecendo unha visualización máis realista e equilibrada.
Toda esta información amósase nunha pantalla táctil a cor de 5,5 polgadas instalada no interior da vivenda, aínda que tamén é posible acceder á vista en directo e ás alertas desde o smartphone.
Intelixencia artificial para recoñecer rostros familiares
A gran novidade da EP4 é o seu sistema de recoñecemento facial baseado en IA. O dispositivo pode identificar rostros familiares previamente rexistrados e enviar notificacións personalizadas en tempo real.
Deste xeito, as alertas deixan de ser simples avisos de movemento para converterse en información moito máis útil: saber se chegou un familiar, unha visita habitual ou unha persoa descoñecida.
Ademais, a detección intelixente de forma humana e o sensor PIR con sensibilidade axustable reducen os falsos avisos provocados por movementos irrelevantes.

Audio bidireccional e control desde o móbil
A nova mira intelixente tamén incorpora audio bidireccional, permitindo falar coas visitantes directamente desde o teléfono móbil sen necesidade de abrir a porta. Esta función pode resultar especialmente práctica para recibir repartidores, dar instrucións de entrega ou responder a visitas cando non hai ninguén na casa.
EZVIZ tamén permite configurar ata catro zonas de privacidade para ocultar determinadas áreas na vista da cámara.
Gran batería e instalación sen obras
Outro dos puntos fortes da EZVIZ EP4 é a súa batería recargable de 7.100 mAh, deseñada para ofrecer unha autonomía prolongada e reducir a frecuencia de carga, se ben non se ofrecen datos desta duración.
A instalación é completamente sen fíos e compatible coa maioría de portas tradicionais, xa que funciona con orificios de entre 14 e 50 mm e espesores de entre 35 e 105 mm.
Ademais, conta con certificación IP54 fronte a po e salpicaduras, polo que pode adaptarse a distintos tipos de vivendas.
Os vídeos poden gardarse en tarxetas microSD de ata 512 GB ou na nube mediante o servizo EZVIZ CloudPlay, utilizando cifrado AES e transmisión segura TLS para protexer a privacidade das gravacións.
Prezo e dispoñibilidade
A nova EZVIZ EP4 xa se pode mercar no noso país, estando dispoñible en acabados dourado e prata cun prezo recomendado desde 199 euros. Pode adquirirse tanto en Leroy Merlin como en Amazon.
Con este lanzamento, EZVIZ reforza a tendencia dos fogares conectados e aposta por levar a intelixencia artificial á seguridade doméstica dun xeito cada vez máis práctico e accesible.
