O mercado dos reloxos intelixentes segue medrando, e realme quere reforzar a súa posición cun novo wearable pensado para quen busca autonomía, deporte e funcións avanzadas sen gastar demasiado. A compañía acaba de presentar o novo realme Watch 5, un smartwatch que destaca pola súa gran batería, GPS independente e monitorización completa da saúde e actividade física.
O dispositivo chega ademais cun prezo moi competitivo de só 49,90 euros, converténdose nunha das opcións máis atractivas da gama media.
Pantalla AMOLED e deseño resistente
O novo realme Watch 5 aposta por un deseño moderno con acabados metálicos e unha coroa funcional que mellora a navegación polos menús. Na parte frontal incorpora unha pantalla AMOLED de 1,97 polgadas con resolución 390 x 450 píxeles e brillo de ata 600 nits, garantindo unha boa visibilidade mesmo en exteriores ou baixo luz solar intensa.
realme tamén inclúe máis de 300 esferas personalizables divididas en diferentes estilos para adaptar o reloxo ao gusto de cada usuaria.
Un dos grandes puntos fortes deste smartwatch é o GPS independente compatible con cinco sistemas GNSS globais, permitindo rexistrar rutas, distancias e percorridos sen necesidade de levar o smartphone enriba. Esta función convérteo nun dispositivo especialmente interesante para correr, camiñar, andar en bicicleta ou facer sendeirismo.
Máis de 100 modos deportivos e adestramento personalizado
O realme Watch 5 é capaz de monitorizar ata 108 disciplinas deportivas distintas e gardar ata 50 rexistros de actividade con sincronización na nube.
Ademais, inclúe programas de adestramento para principiantes e usuarioa avanzadas, achegándose á experiencia dun adestrador persoal desde o pulso; ao tempo que detecta automaticamente varios tipos de actividade física para facilitar o seguimento diario.
No apartado de saúde, realme aposta por un seguimento moi completo con medición continua da frecuencia cardíaca, osíxeno no sangue (SpO2), estrés, calidade do sono e enerxía corporal.
O sistema de análise do sono ofrece datos detallados sobre fases de descanso, sono profundo, lixeiro ou interrompido, ademais da variabilidade da frecuencia cardíaca durante a noite. A isto súmanse funcións de respiración guiada e meditación con diferentes modos e velocidades para axudar a reducir o estrés.

Chamadas Bluetooth, NFC e ata 16 días de batería
En conectividade, o smartwatch permite facer chamadas Bluetooth en alta definición directamente desde o reloxo e inclúe unha curiosa función de intercomunicador independente entre usuarias.
Tamén incorpora NFC, control musical e o modo Game Guardian, pensado para monitorizar sesións de videoxogos.
Outro dos apartados máis destacados é a batería de 460 mAh, que promete até 16 días de uso estándar, que chegan até os 20 días no modo intelixente de iluminación. Todo isto cun corpo resistente á auga e ao po grazas á certificación IP68.
Prezo e dispoñibilidade
O novo realme Watch 5 xa está dispoñible por 49,90 euros, e pode mercarse en tendas comp MediaMarkt, El Corte Inglés, Fnac ou PcComponentes.
Con este lanzamento, realme reforza a tendencia de ofrecer wearables cada vez máis completos a prezos accesibles, levando funcións que antes estaban reservadas á gama premium a un público moito máis amplo.
