Europa quere reducir a súa dependencia das grandes tecnolóxicas estadounidenses e xa ten unha nova ferramenta para conseguilo. Chámase Euro-Office e preséntase como unha alternativa europea, aberta e gratuíta a solucións tan populares como Microsoft 365 e Google Workspace.
O proxecto, impulsado por varias empresas e organizacións europeas, estará dispoñible oficialmente a partir do 9 de xuño de 2026 e busca ofrecer unha experiencia familiar para quen leva anos traballando con Word, Excel ou PowerPoint, pero baixo unha infraestrutura e unha gobernanza plenamente europeas.
Unha resposta europea aos xigantes tecnolóxicos
Detrás de Euro-Office atópanse compañías e organizacións como IONOS, Nextcloud, OpenProject, XWiki, Soverin, Abilian e BTactic, entre outras entidades que forman parte da iniciativa EuroStack..
O seu obxectivo é crear unha suite informática na nube moderna e colaborativa que permita tanto ás administracións como empresas e particulares europeas traballar na nube sen ter que depender de provedores extranxeiros.
Que ofrecerá Euro-Office
Euro-Office está baseado en ferramentas de código aberto coñecido (as mesmas que LibreOffice), e ofrecerá na súa primeira versión (1.0) todas as ferramentas básicas que se esperan dunha suite de produtividade actual.
Isto inclúe un editor de documentos de texto, follas de cálculo e ferramenta de presentacións. Non lle faltan funcións como a edición colaborativa en tempo real, o acceso desde navegador e a compatibilidade cos formatos máis empregados.
A experiencia de uso é, segundo as súas responsábeis, moi semellante á que ofrece Office 365, co obxectivo de facilitar a transición e minimizar a curva de aprendizaxe para usuarias.
Dous modelos de implantación
Para poder empregar Euro-Office haberá dous modelos de implantación, unha vía autoxestonada e 100% de balde e outra a través de plataformas que nos ofrezan un servizo pechado.
A primeira está pensada tanto para usuarias como organizacións e administracións públicas que dispoñen de infraestrutura propia e coñecementos técnicos. A plataforma non require o pago de licenzas, ao ser un código aberto e accesible, pero necesítase instalalo nos propios servidores locais, para así poder telo integrado en plataformas privadas na nube.
Isto permítenos ter un control absoluto dos datos, xa que o espazo de almacenamento depende unicamente da capacidade dos nosos discos duros, aforrando cotas mensuais polo uso do servizo.
Para quen busca a comodidade de uso sen complicacións técnica, xa hai diversas empresas que van ofrecer Euro-Office integrado nas súas plataformas des produtividade. Aínda que non se fixo público, podemos imaxinar que este modelo funcionará con pagos semellantes aos de Google e Microsoft, xustificado polos custos que supón manter centros de datos seguros, ofrecer soporte técnico e garantir copias de seguridade redundantes.
Un dos máximos expoñentes deste modelo comercial e colaborativo é a plataforma office.eu. Este servizo integrará tamén desde o 9 de xuño o motor de Euro-Office dentro dun ecosistema completo na nube que inclúe, ademais, correo electrónico profesional, calendario, videoconferencia e almacenamento protexido baixo as estritas leis de privacidade da Unión Europea (RGPD).
Aínda que este tipo de plataformas adoitan incluír plans de proba ou modalidades básicas gratuítas para particulares, o seu núcleo de negocio enfócase en tarifas corporativas.
A soberanía dixital, máis importante que nunca
Pódese concluír que a principal diferenza entre Euro-Office e os seus rivais non está necesariamente nas funcións, senón no concepto de soberanía dixital. Nos últimos anos, gobernos e institucións europeas incrementaron a súa preocupación polo control dos datos, a localización das infraestruturas tecnolóxicas e a dependencia de empresas estranxeiras.
Isto resulta especialmente relevante para administracións públicas, universidades, organismos de investigación e empresas que manexan información sensible.
E aínda que resulta improbable que Euro-Office desbanque a Microsoft 365 a curto prazo, a súa aparición evidencia unha tendencia cada vez máis clara: Europa busca alternativas propias para infraestruturas e servizos dixitais estratéxicos.
Se consegue combinar unha boa experiencia de uso, compatibilidade cos estándares actuais e garantías en materia de protección de datos, a plataforma podería atopar un importante nicho de mercado en organismos públicos, centros educativos e empresas que apostan pola independencia tecnolóxica.
O próximo 9 de xuño marcará o primeiro gran exame para unha iniciativa que pretende demostrar que Europa tamén pode construír as súas propias ferramentas de produtividade na nube e competir nun mercado dominado historicamente por xigantes estadounidenses.
Esta páxina usa cookies para mellorar a túa experiencia de navegación. Asumimos que estás dacordo, pero podes abandonar a web se o desexas AceptarRejectLer máis
Lei de cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.