A autonomía converteuse nun dos factores máis importantes á hora de escoller smartphone, e realme quere sacar partido desa demanda coa chegada da súa nova serie P4 ao noso país. A compañía acaba de presentar os novos realme P4 Lite e realme P4x, dous dispositivos que destacan por incorporar enormes baterías de até 7.500 mAh, pantallas de 120 Hz e funcións de intelixencia artificial, todo iso cun prezo especialmente competitivo.
Os novos terminais xa están dispoñibles a través de Amazon e protagonizarán importantes descontos durante os Prime Day, cando poderán adquirirse desde só 129 euros.
Baterías Titan de ata 7.500 mAh
O gran atractivo da serie P4 está na súa autonomía. O modelo máis avanzado, o realme P4x, incorpora unha batería Titan de 7.500 mAh, unha capacidade moi pouco habitual no mercado actual dos smartphones. Pola súa banda, o realme P4 Lite aposta por unha batería Titan de 6.600 mAh, tamén moi por enriba da media da industria.

Segundo o fabricante, ambos dispositivos están deseñados para soportar longas xornadas de traballo, estudo, lecer ou videoxogos sen necesidade de buscar un enchufe constantemente.
Ademais, os dous modelos incorporan carga inversa de 6W, permitindo utilizar o móbil como unha batería externa para cargar auriculares, reloxos intelixentes ou outros dispositivos compatibles.
realme tamén puxo o foco na durabilidade das súas baterías. O fabricante asegura que o realme P4x pode manter unha boa saúde da batería durante ata 7 anos, superando os 1.600 ciclos de carga. No caso do realme P4 Lite, a marca promete ata 6 anos de vida útil, mesmo funcionando en condicións extremas con temperaturas comprendidas entre os -20 ºC e os 53 ºC.
Pantalla grande e fluída para todo tipo de contidos
Tanto o realme P4 Lite como o P4x incorporan unha pantalla de 6,8 polgadas cunha taxa de refresco de 120 Hz, unha característica que garante unha navegación máis fluída e unha mellor experiencia visual. O panel alcanza ademais os 900 nits de brillo máximo, permitindo unha correcta visualización mesmo en exteriores e baixo luz solar intensa.
Poroutra banda, serie P4 chega preparada para soportar o uso diario grazas á tecnoloxía ArmorShell, que reforza a resistencia estrutural dos dispositivos.
Os dous modelos contan tamén con certificación IP64 contra po e salpicaduras, resistencia a caídas de ata 2 metros e un deseño reforzado para un uso máis esixente.
Android 16 e intelixencia artificial integrada
Os novos smartphones estrean realme UI baseado en Android 16, incorporando diversas funcións impulsadas por intelixencia artificial.
Entre as máis destacadas atopamos AI Eraser para eliminar obxectos das fotografías, AI Clear Face para mellorar retratos, AI Image Matting para recortar persoas e elementos automaticamente e outras ferramentas avanzadas de personalización e produtividade.
Dous deseños con personalidade propia
realme tamén apostou por diferenciar ambos modelos visualmente.
O realme P4x incorpora o novo Aero Racing Design, inspirado no mundo da competición automobilística e na sensación de velocidade. Pola súa banda, o realme P4 Lite presenta o deseño Long-Play Power Mate, orientado a transmitir a súa gran autonomía e fiabilidade.
Prezos e ofertas dos Prime Day
Os novos dispositivos xa están dispoñibles no noso país a través de Amazon, onde se pode adquirir o realme P4 Lite por 159 € (4 + 128 GB) ou 179 € (4 + 256 GB); e por 219 € o realme P4x (4 + 256 GB).
Porén, durante os Prime Day de Amazon, entre o 23 e o 26 de xuño, as usuarios poderán beneficiarse de descontos especiais, que deixan os diferentes modelos en 129, 139 ou 199,99 €, respectivamente.
Coa nova serie P4, realme busca posicionarse nun segmento cada vez máis demandado: o dos smartphones económicos con gran autonomía. A combinación de baterías xigantes, pantallas de 120 Hz, resistencia reforzada e funcións de IA converte aos novos P4 Lite e P4x en dúas alternativas moi atractivas para quen busca esquecer o cargador durante varios días sen gastar unha fortuna.
