Fibritel continúa gañando presenza no mercado galego como unha alternativa competitiva no sector das telecomunicacións, operando sobre a rede neutra de Rede Aberta e ofrecendo servizos de fibra óptica, telefonía fixa, móbil e televisión cunha política de prezos especialmente agresiva.
A compañía está a destacar polas súas promocións de entrada, con paquetes converxentes que permiten combinar internet de alta velocidade e móbil a prezos moi reducidos durante os primeiros meses.
A oferta estrela: fibra 600 Mb + fixo e móbil por 10 €/mes
A promoción máis destacada de Fibritel é a súa tarifa converxente de entrada, na que ofrecen fibra de 600 Mbps con fixo con chamadas ilimitadas e unha liña móbil con chamadas ilimitadas e 100 GB, cun prezo promocional de 10 €/mes.
Malia que despois da promoción sube a 27 €/mes, continúa a ser unha das ofertas máis agresivas do mercado, pensada para captar nova clientela que busca unha solución completa de conectividade a baixo custo.
Outras propostas interesantes
Para fogares con maior consumo de datos ou varias liñas móbiles, Fibritel tamén ofrece unha alternativa máis ampla, que engade unha segunda liña móbil tamén con 100 GB de datos polos mesmos 10 €/mes durante 3 meses promocionais, que despois quedan en 32 €/mes definitivos.
Este paquete sitúase como unha opción interesante para familias ou usuarias con varios dispositivos, mantendo un prezo de entrada moi reducido durante o primeiro trimestre.
E finalmente, para quen busca o máximo rendemento, Fibritel dispón tamén dunha tarifa superior con fibra de 1 Gbps, fixo ilimitado e móbil con chamadas e datos ilimitados por 30 €/mes, prezo final. Trátase da opción máis completa da operadora, pensada para usuarias intensivos de internet, streaming, teletraballo ou xogos en liña.

Móbil independente e liñas adicionais
Fibritel tamén permite contratar liñas móbiles independentes, con distintas opcións de datos:
- 50 GB + chamadas ilimitadas: 8 €/mes
- 150 GB + chamadas ilimitadas: 10 €/mes
- Datos ilimitados + chamadas ilimitadas: 12 €/mes
Para quen xa conte cun paquete converxente, Fibritel ofrece a posibilidade de engadir liñas adicionais con chamadas ilimitadas e con prezos reducidos:
- 30 GB: 6 €/mes
- 60 GB: 7 €/mes
- 80 GB: 8 €/mes
- Ilimitados: 9 €/mes
Isto permite adaptar o contrato ás necesidades reais de cada fogar, sen ter que cambiar de plan principal.
Fibritel e a aposta pola rede de Rede Aberta en Galiza
A operadora traballa sobre a infraestrutura de Rede Aberta, o que lle permite ofrecer cobertura de fibra en amplas zonas de Galiza, especialmente en contornas rurais, sen necesidade de rede propia. Isto facilita unha expansión máis rápida e prezos máis competitivos fronte ás grandes operadoras tradicionais.
Con tarifas desde 10 €/mes en promoción e opcións converxentes completas, a compañía busca competir directamente no segmento máis sensible ao prezo, especialmente en fogares que queren unificar todos os servizos de telecomunicacións nun único operador.
