R e MasOrange reforzan a súa rede en Galiza para garantir a mellor cobertura durante a eclipse solar do 12 de agosto

A histórica eclipse solar total do próximo 12 de agosto non só mobilizará milleiros de afeccionadas á astronomía, senón tamén ás operadoras de telecomunicacións. R e MasOrange anunciaron a posta en marcha dun dispositivo especial para reforzar a súa rede móbil en Galiza e garantir a mellor conectividade durante un evento que atraerá visitantes de todo o Estado e do estranxeiro.

A Península converterase no mellor lugar do mundo para observar este fenómeno astronómico, considerado o primeiro destas características visible en no Estado español desde 1912. Ante a previsión dunha elevada concentración de persoas en numerosos puntos do territorio galego, a compañía decidiu anticiparse reforzando a capacidade da súa infraestrutura.

Máis de 70 puntos reforzados en Galiza

MasOrange identificou 72 localizacións estratéxicas nas que se espera unha maior afluencia de visitantes durante a xornada da eclipse.

As actuacións distribúense polas catro provincias galegas: A Coruña, con 24 reforzos de rede; Lugo, con 29 actuacións; Ourense, con 4 intervencións e Pontevedra, con 15 puntos reforzados.

Nestes lugares activouse un sistema especial de supervisión remota da rede co obxectivo de garantir que as usuarias de R e MasOrange poidan navegar, compartir fotografías, retransmitir vídeos en directo ou comunicarse con normalidade mesmo nos momentos de máxima afluencia.

Preparados para o aumento do tráfico de datos

Eventos multitudinarios como unha eclipse solar adoitan provocar un importante incremento do tráfico móbil debido ao uso intensivo das redes sociais, aplicacións de mensaxería e retransmisións en directo.

Con este reforzo, MasOrange busca asegurar tanto a capacidade da rede como a súa estabilidade, evitando saturacións e mantendo unha boa experiencia de uso durante toda a xornada.

A compañía destaca que o obxectivo é que os usuarios poidan compartir en tempo real as imaxes e vídeos dun acontecemento histórico coa mellor calidade posible.

Un reforzo que se suma ao dispositivo especial do verán

Esta actuación forma parte da estratexia que MasOrange desenvolve cada verán para facer fronte ao incremento de poboación nas zonas turísticas de Galiza.

Como xa comentamos, a operadora conta cunha infraestrutura estival formada por preto de 1.100 nodos de rede, distribuídos en 217 concellos galegos considerados de alta demanda durante os meses de vacacións.

Esta ampla capilaridade permite absorber con maior facilidade os picos de consumo provocados polo turismo, festivais, praias ou grandes eventos como a eclipse solar.

A primeira eclipse total visible no Estado español desde 1912

A eclipse total do 12 de agosto de 2026 será un dos acontecementos astronómicos máis importantes das últimas décadas.

Galiza será un dos destinos preferidos por milleiros de persoas para contemplar o fenómeno, especialmente nas zonas con mellores condicións de visibilidade, o que fai prever unha elevada concentración de visitantes en numerosos municipios.

Ante este escenario, a preparación das redes móbiles será clave para garantir que tanto residentes como visitantes poidan manterse conectados sen incidencias e compartir un momento que non volverá repetirse nestas latitudes ata dentro de varias décadas.

Sobre o autor

Reply