Máis aló de ofrecer prezos baixos e avanzar rapidamente no despregamento da súa rede móbil propia, DIGI continúa reforzando a súa oferta de televisión e acaba de anunciar unha das novidades máis demandadas polas súas usuarias Desde esta semana, DIGI TV incorpora un servizo de vídeo baixo demanda (VOD) sen custo adicional, permitindo acceder a milleiros de películas, series, documentais e programassen depender da programación en directo.
A compañía inicia esta primeira fase con máis de 2.000 títulos, pero xa confirmou que o catálogo crecerá rapidamente ata alcanzar os 10.000 contidos nas próximas semanas.
Máis de 2.000 contidos dispoñibles desde o primeiro día
A clientela de DIGI TV xa pode acceder a unha ampla selección de producións procedentes de diferentes canles e plataformas especializadas. Entre os primeiros servizos compatibles atópanse Canal Hollywood, AMC, Comedy Central, MTV, BBC Player, Vin TV, Canal HISTORIA, Canal Cocina, SundanceTV, Nickelodeon e Nick Jr.
O novo servizo permite reproducir os contidos en calquera momento, sen estar limitado á emisión en directo nin á función dos últimos sete días.
Porén, DIGI xa confirmou que esta é só a primeira fase do lanzamento, xa que nas próximas semanas incorporaranse novos servizos baixo demanda como AXN Now, Warner TV Now, STAR Channel, Disney Channel, National Geographic Now, SyFy, Calle 13, DreamWorks, COSMO ON, AMC Crime e Odisea.
Con estas incorporacións, o operador pretende ofrecer un catálogo de arredor de 10.000 títulos, convertendo DIGI TV nunha alternativa moito máis completa dentro da televisión de pago.
Máis liberdade para ver películas e series
A chegada do vídeo baixo demanda supón unha importante mellora para as usuarias da compañía, que até o de agora dispuñan dos máis de 120 canles incluídos no servizo e da función Últimos 7 días, que permitía recuperar programas emitidos durante a última semana. Co novo sistema VOD, os contidos poderán verse en calquera momento, sen depender da programación das canles.
Desde o seu lanzamento, DIGI TV foi incorporando novas prestacións para competir co resto de operadores. Entre as súas funcións destacan o control do directo para pausar, retroceder ou reiniciar emisións; acceso aos programas emitidos nos últimos sete días; continuidade da reprodución para retomar un contido onde quedou, visualización simultánea en ata catro dispositivos e decodificador 4K incluído.
Ademais, o servizo está dispoñible en Smart TV compatibles (Samsung, LG, Hisense e Android TV), así como en teléfonos móbiles e tabletas mediante a aplicación oficial de DIGI TV.
Prezo de DIGI TV
As usuarias de fibra Digi poden contratar DIGI TV por 7 euros ao mes. Ademais, existe a posibilidade de engadir o Pack Deportes por 3 euros mensuais, que inclúe todos os partidos da LALIGA HYPERMOTION e canles especializados como Iberalia.
A contratación pode realizarse desde a aplicación Mi DIGI, chamando ao servizo de atención ao cliente ou a través da páxina web e dos puntos de venda da operadora.
